mércores, 30 de abril de 2025
INTELIXENCIA EMOCIONAL E ARTIFICIAL ÚNENSE PARA DAR LUGAR A ALGO ÚNICO
venres, 4 de abril de 2025
VISITA: María Canosa
Cando se traballou en 4º de primaria con "Escola de bruxas" contar co apresencia de María Canosa era inevitable e moi apetecible.
Despois sesión fantástica, moitas quixeron a sinatura de María nos seus libros.
sábado, 18 de maio de 2024
venres, 18 de xuño de 2021
Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 3º A de primaria
A primeira clase en constestar, a primeira pregunta en ser respostada... Dende xaneiro estaba á nosa disposición en RADIO CAROLA, pero xa van sendo horas de compartila no blog da Biblio.
A p`regunta é: O CASO É TER SAÚDE!! pero.., QUE É A SAÚDE?
venres, 29 de xaneiro de 2021
25 de NOVEMBRO. TOD@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!
As nenas e nenos de 6º A e B do CEIP de Figueiroa, adaptan o conto "Eu vou comigo" de Raquel Reguera para traballar no 25 de Novembro. Novembro 2020.
Podedes escoitar a súa versión "MÍROME E VÉXOME", en Radio Carola. Pero para poñervos as cousas doadas, aquí queda o audio:
Esta é unha oportunidade fantástica para deixar claro...
NON ME GUSTA....
Outra proposta:
A PORTA VIOLETA. Traballo feito polo alumnado de 5º de primaria.
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO,
O 25 DE NOVEMBRO E...
SEMPRE!!!
venres, 24 de abril de 2020
6º B COMPARTE CONTOS para ESCOITAR e LER...
Agora toca pechar os ollos e deixarnos ir cos contos gravados por eles nas súas casas.
Se alguén quere pode acompañar a escoita coa lectura...
![]() |
Imaxe de Kalandraka |
O primeiro en chegar é o conto de ROBERTO .
Trátase do conto "Rato Moi Alto e Rato Moi Baixo" do libro "Contos de ratiños" de Arnold Lobel.
mércores, 26 de xuño de 2019
Radio Carola. POR FIN!!!!
Se picades na imaxe de Radio Carola que está situada na columna da dereita neste blog, poderedes achegarvos a case todos os audios creados.
Están agrupados según a temática que abordan, no que denominamos PROGRAMAS. Polo momento estes son:

MOITO CONTO. Relatos, poesía, contos, historias que nos gustan e queremos compartir...
Aquí poderemos atopar as gravacións de:
- "DÍA DE ROSALÍA". Poema de Rosalía de Castro gravado por alumnado de Infantil
- "A LONGA VIAXE". Adaptación e versión do conto do mesmo título editado por Kalandraka
- "POEMAR O MAR" obra de García Teijeiro, de onde as nenas e os nenos de 2º B de primaria prepararon e recitaron 2 poemas.
- "O MAR" de Manuel María, é un audio creado pola clase de 1º B de primaria
- CONTOS CLÁSICOS EN VERSO. Son unha serie de contos clásicos rimados, creados por Fernando González Graña, que moi amablemente prestou á clase de 2º B de primaria para compartir con todos nós.

ENTREVISTAS. Espazo adicado a coñecer máis polo miúdo aquelas persoas interesantes que pasan polo noso cole ou que están relacionadas co que a nós nos interesa.
- CRIS DE CALDAS. Aproveitamos unha nova visita de Cris de Caldas para unha contada máis "especial", a que daba resposta ás preguntas de 1º A de primaria na nosa Radio Carola.
- SUSANA ARÍNS. Despois de agasallarnos cun libro con poemas inéditos e facernos a tod@s facedores/as de poesía, Susana pasou pola radio para responder ás preguntas formuladas por alumnado de 5ºB de primaria.

CONSELLOS. Consellos e publicidade. Tratanse diversas temáticas: promoción de hábitos saudables, difusión de actividades...
- XANTAR E RIMAR de 2ºA de primaria
- CONSUMO DE FROITAS de 2ºB de primaria
- ALIMÉNTATE BEN polos profes.

O QUE ACONTECE... (novas). De todo o que pase no CEIP de Figueiroa, irase dando conta neste espazo. Novas relacionadas con Carola, Lingüereta, extraescolares, deporte,...
- OFICIOS DO MAR. Información ofrecida polos profes que participan no PFPP "Radio na escola".

MÚSICA, cancións. Música e músicas que nos inspiran, coas que traballamos e disfrutamos.
- PEIXES, MOLUSCOS E CRUSTÁCEOS de Mamá Cabra, recitado por 4ºB e 5ºB de Infantil
martes, 10 de abril de 2018
RADIO CAROLA con RADIO NA BIBLIO. Obradoiros de formación
RADIO CAROLA

Todo iso é posible, grazas a que o noso centro doi un dos 20 selecionados para participar no proxecto RADIO NA BIBLIO.
Os primeiros en ter formación foron as mestras e mestres. Dende A ESTRADA DIXITAL, achegáronse ao noso centro para aprendérmonos como traballar con IVOOX, a plataforma que acollerá os nosos programas de radio.
Xusto antes de rematar o 2º trimestre, recibimos a visita de Xerardo e Damián, que en nome de PONTE NAS ONDAS realizaron un obradoiro para as nenas e os nenos de 5º de primaria.
Estes grupos XA son conscentes do privilexio que tiveron de poder contar eles con esa formación. Privilexio que deberá ir acompañado dunha responsabilidade: axudar a formar e animar a todas aquelas persoas que queiran participar no proxecto de RADIO CAROLA.
Aquí quedan un resumo dos dous obradoiros e unha escolma de imaxes...