A ardua tarefa de atopar música que puidésemos empregar como fondo musical dos hologramas creados para a actividade iniciada con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, levounos a recorrer á intelixencia artificial, concretamente a Suno.com, unha plataforma en liña que emprega a IA para xerar cancións, para acadar o noso obxectivo.
Deste modo, a partir da adaptación dos poemas “I am add” (Son raro), de Benjamin Giroux, e “Empatía” (Grito Autista), escrito por Julieta Ax, xurdiu unha canción, á que titulamos "Son raro, son novo", que foi empregada nos vídeos dos cursos de 1º e 2º de Educación Primaria.
Mais... por que non poñer ritmo e melodía aos sentimentos e percepcións dalgún dos nosos alumnos? Dunha intensa charla cun deles, Quique, de 3º de Educación Primaria, naceu a letra da que, sen lugar a dúbidas, se convertiu na banda sonora da actividade, empregándose nunha alta porcentaxe dos hologramas creados... Algo do que sentirse orgulloso!
Quique, 3º de EP
Letra e QR da canción creada polo alumno
(pincha sobre a imaxe para vela ao detalle).
Ningún comentario:
Publicar un comentario