xoves, 5 de novembro de 2026

4º B de Infantil investiga sobre A ESTRADA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

 

O Camiño de Santiago da Geira Romana e dos Arrieiros é unha das Rutas Xacobeas que usaban os peregrinos portugueses para chegar a Compostela. Unha alternativa aos camiños costeiros que, en vez de entrar en Galicia cruzando o río Miño, utiliza a antiga calzada romana que comunicaba Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga) e logo as rutas dos arrieiros ata Santiago.
O Camiño de Santiago da Geira Romana e dos Arrieiros ten 240 quilómetros repartidos en 10 etapas. 
A Estrada é con diferenza, o concello que acumula máis quilómetros desta ruta, 32, tendo dous finais de etapa: Codeseda e a vila da Estrada.
Unha das curiosidades deste camiño ao paso pola Estrada é que segundo se extrae dun documento de 1745 a ruta da Geira discorría polo que hoxe é o interior do bar estradense As Tres Portiñas.

Selos do Camiño ao seu paso pola Estrada


https://www.turismo.aestrada.gal/camino/camino-da-geira-e-dos-arrieiros/ 

A continuación deixamos o listado de parroquias por onde pasa o Camiño, así como elementos relevantes de cada lugar por onde pasa o Camiño. 

  1. SabucedoMonólito dos tres concellos e albergue de peregrinos
  2. CodesedaVilaboa, A Portela, A Grela e A Sagrada; igrexa e cruceiro
  3. ParadaDespois de O Codesal, Ponte da Pedra e O Arnado; Os Muros e Paredes
  4. NigoiPola parte baixa da parroquia
  5. TabeirósA Consolación e a igrexa parroquial
  6. GuimareiPonte de Xerliz, igrexa e Torre
  7. A EstradaEntrada pola vila, rúa da Peregrina e rúa do Cruceiro
  8. ToedoIgrexa e cruceiro con San Roque e o Apóstolo
  9. BaloiraCamiño Vello de Montoiro
  10. Santa Cristina de VeaO lugar do Rollo
  11. CoraVilacriste e ermida de Nosa Señora de Aránzazu
  12. CousoO Barco e despedida pola ponte vella de Pontevea
              → Sae cara a Pontevea (Teo) e Santiago


Tamén aparece no mapa o 

Ramal de Sarandón

← Entra desde Meavía (Forcarei)
  1. Pardemarín
  2. Lamas
  3. Rubín
  4. Callobre
  5. Moreira
  6. RibeiraIgrexa de Santa Mariña, co Apóstolo en pedra
→ Sae pola Ponte Sarandón (Vedra)