venres, 19 de decembro de 2014
xoves, 11 de decembro de 2014
NADAL DE LECTURA, NADAL DE AVENTURA
Coma cada ano por estas datas non queremos deixar de recordarvos que un bo libro é un bo amigo. Buscade con ilusión nas librarías o que máis vos chame, aquel que espertará a ledicia nos ollos dos vosos fillos e acompañádeos na lectura. A continuación vai unha guía de títulos seleccionados nun traballo colaborativo entre os centros CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP Cabada Vázquez, CEIP do Foxo e CEIP de Figueiroa.
Bo Nadal e felices lecturas !!
martes, 4 de novembro de 2014
luns, 3 de novembro de 2014
martes, 7 de outubro de 2014
VIAXE POLO MUNDO
Benvidos ao curso 2014-2015. Preparade as maletas porque imos viaxar arredor do mundo. O noso proxecto para este ano lévanos a outro país e outra cultura. Ide escollendo a onde ides cada curso. Saúdos de Carola
mércores, 28 de maio de 2014
xoves, 22 de maio de 2014
A BOTICA DA TERRA
Aquí queda unha pequena mostra do que se traballou no proxecto integrado "A Botica da Terra"
domingo, 18 de maio de 2014
1º CERTAME DE MICROPOEMAS E MICRORELATOS
Acaban de se fallar os premios do 1º Certame de Micropoemas e Microrrelatos convocado polos Equipos de Normalización Lingüística do Concello da Estrada, resultando gañador@s no noso Centro os que aparecen a continuación cos seus textos. ¡NORABOA AOS PREMIAD@S!
Queremos agradecer a todos os participantes no concurso os seus textos e poemas. GRACIÑAS
venres, 25 de abril de 2014
BARAFUNDA TEATRO
Contamos de novo coa colaboración da ANPA "Picariños" para celebrar o "Día do Libro". O xoves 24 de abril todos os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria disfrutamos de BARAFUNDA ANIMACIÓN coa obra "Pepiña, Maruxiña quere voar".
É un auténtico pracer recibir a estes dous amigos de Barafunda, que nos enchen o salón de fantasía, maxia e moita música de calidade. Sen decatarnos todos formamos parte do seu espectáculo e acabamos por ser elementos imprescindibles. Outra vez, fumos quen de axudar á protagonista do conto a acadar un final feliz.
Pepiña... voou e colorín, colorou, este conto rematou
mércores, 23 de abril de 2014
xoves, 10 de abril de 2014
LER PARA MEDRAR
Un ano máis, en abril, no mes do libro contamos coa colaboración da ANPA. Nesta ocasións os grupos afortunados foron os nenos e nenas de 3º e 4º que puideron ver en acción a un ilustrador "de verdade": Jacobo Fernández.
martes, 11 de marzo de 2014
¡QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!
¡QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!
Deixamos aquí as fotos do Entroido. Como vedes todos os grupos se disfrazaron dacordo co noso proxecto sobre plantas medicinais A BOTICA DE CAROLA:
En 3 anos todos os nenos e nenas se transformaron en flores.
En 3 anos todos os nenos e nenas se transformaron en flores.
Os de 4 anos ían de xardineiros todos guapos.
Aquí están os de 5 que están a estudar moitas cousas do
mel e disfrazáronse de abellas.
1ºA ían de acivros e 1ºB de couselos. Todos verdes e moi
lucidos.
Os de segundo ían
de druídas celtas, que foron os primeiros en empregar as plantas medicinais por
estas terras.
Os de 3ºA ían de macela e os de 3ºB de menta. ¡Que ben
nos fan estas plantas e que guapos estaban!
Os de 4ºA eran San Xoáns. Todos co seu capuchón vermello
representando a planta coa que traballan.
Os de 4ºB eran os boticarios que tan ben coñecen os
secretos das plantas medicinais.
Os de 5º ían de vendedores de flocos de millo, que é un
produto que nos gusta a todos. ¡E como pedíamos!
Os de 6ºA ían de follas, todos verdes e moi guapos.
Os de 6ºB ían de menciñeiros que estudaban e sabían de
todos os trucos para facer as súas apócemas.
Os profes eran o grupo encargado de manter as plagas á
raia.
luns, 3 de febreiro de 2014
IES LOSADA DIÉGUEZ
Aínda que un pouco tarde, queremos dende esta xanela dar as grazas aos nosos compañeiros do IES Losada Diéguez por encher de ledicia o noso centro coas súas actuacións e lecturas. É para nós un gran acontecemento como se pode ver nas caras dos nosos alumnos. MOITAS GRAZAS! Todas as obras do grupo AVELAÍÑAS nos gustaron moito e descubrir- detrás deses actores- aqueles pequenos nenos e nenas que un día estiveron aquí. Os RETELLADORES DO GALIÑEIRO leron para o segundo ciclo contos de África, que é o tema que estaban a tratar no instituto. Agardamos que volvades o ano que vén.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)