Xa temos a nova entrega de calendarios para o próximo ano.
Para esta ocasión pedimos, que en pequenos grupos, representaran diferentes emocións que podían transmitir diferentes xéneros cinematográficos.
LUCES, CÁMARA..... ACCIÓN!!!
Xa temos a nova entrega de calendarios para o próximo ano.
Para esta ocasión pedimos, que en pequenos grupos, representaran diferentes emocións que podían transmitir diferentes xéneros cinematográficos.
LUCES, CÁMARA..... ACCIÓN!!!
Un ano máis achegamos as RECOMENDACIÓNS LECTORAS que escolleron as bibliotecas PLAMBE dos CEIPs do concello da Estrada.
Dende Codeseda, Vea, Foxo e A Estrada, presentamos unha escolla de libros para diferentes idades.
Aparecen, como non podía ser doutro xeito, cun formato cinematográfico que da boa conta do PDI que estamos a traballar no cole neste curso.
Non hai límite para as persoas que veñen "traballar" á biblio nos recreos. No día de hoxe fixeron unha torre tan alta, tan alta, que ata un dos nosos alumnos máis altos tivo que botar man dun talliño para construír.
![]() |
Se nos tiramos de cabeza, onde chegariamos? Semella un túnel fantástico |
As nenas e nenos de 6º A de primaria celebran en serio o omes de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO.
Por iso estudaron, prepararon, expuxeron e representaron gráficamente unha ristra de
EXPERIMENTOS
que van compartir con nós, mediante estas infografías:
As nenas e nenos de 5º B de primaria do CEIP de Figueiroa traducen e interpretan o poema de Pura Batista sobre a historia das irmáns Mirabal.
/
Neste espazo queremos compartir uns materiais que permiten traballar ao redor o Mundial de Qatar, dende unha perspectiva diferente.
Agardamos que gusten ás persoas futboleiras, pero sobre todo, ás persoas futboleiras respectuosas.
Para SABER MÁIS pódese consultar nas seguintes ligazóns: