As nenas e nenos de 6º de infantil recibiron a Xabier Domínguez na Biblio de Carola.
Polas imaxes que nos chegaron deberon de pasar moi ben.
As nenas e nenos de 6º de infantil recibiron a Xabier Domínguez na Biblio de Carola.
Polas imaxes que nos chegaron deberon de pasar moi ben.
As nenas e nenos de 1º de primaria tiveron a sorte de recibir un contacontos, agasallo de Editorial Anaya.
A Editorial Anaya agasallou ao alumnado de 2º de primaria cunha sesión de contacontos sobre a obra de María Oruña "O tren fantasma".
Outra novidade do traballo do voluntariado neste curso 24/25 son as LECTURAS COMPARTIDAS.
Pero como son tantas as novidades do voluntariado e os espazos son os que son, cando coinciden varias actividades hai que buscar solucións.
Por esa razón esta semana Alexia, voluntaria de 5º B de primaria, foi ata o patio de Infantil para compartir un conto coas nenas e nenos.
O que parecía unha adversidade, ter o Salón ocupado polo TORNEO DE BAILE, fixo que descubríramos o patio como un lugar fantástico para ler, e ao alumnado de Infantil co,o un público moi entregado.
![]() |
| Semellan unha burbulla no gran patio de Infantil |
![]() |
| Alexia, na compaña de Xiomara entregouse co seu conto |
![]() |
| Libremente, estas nenas e nenos escolleron deixar de xogar para escoitar a Alexia. |
As nenas e nenos de 5º B de primaria crearon contos a partir dunha pregunta.
Eses contos foron compartidos nas clases de Infantil e 1º e 2º de primaria.
Nunha data tan terrorífica como a de hoxe, as nenas e os nenos de 5º B de primaria visitan as clases de Infantil para meterlle medo con contos e poemas QUE ELAS E ELES FIXERON!!!
Aquí queda unha mostra...


![]() |
| Así de atentos estaban |
![]() |
| Á hora de pedir voluntari@s, ninguén quería quedar atrás |
![]() |
| Aos poucos foron saíndo Martiño, o cociñeiro, e todoas aquelas personaxes que lle ían proporcionando os ingredentes para o seu plato |
![]() |
| Seica o libro despertou espectación!! |