mércores, 30 de abril de 2025
INTELIXENCIA EMOCIONAL E ARTIFICIAL ÚNENSE PARA DAR LUGAR A ALGO ÚNICO
BAILAMOS XUNTOS, CON DIFERENTES RITMOS
O pasado 2 de abril celebrouse, como cada ano, o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e desde o noso centro quixemos unirnos á campaña promovida por Autismo España, "Somos infinitos". Dita campaña tiña como obxectivo principal concienciar á cidadanía da variabilidade do espectro do autismo, defendendo que cada persoa autista é única, ten as súas propias necesidades, capacidades e intereses e, por isto, precisa apoios especializados e individualizados, adaptados á súa situación e á etapa vital na que se atope.
venres, 28 de marzo de 2025
CICLO DE CURTAS: Día Internacional do autismo
Estas son as propostas que se programan para as diferentes idades do noso alumnado:
Para EDUCACIÓN INFANTIL
2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO
Este curso imos prestar especial atención á
CONMEMORACIÓN DO
DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO
Imos máis alá do 2 de abril e adicaremos toda a semana a esta celebración.
Aquí quedan algunhas das propostas que se van realizar:
- Presentación dixital sobre o AUTISMO. Hai que coñecelo para comprendelo.
- Infografía coas instrucións do traballo a realizar de xeito colectivo por todo o cole.
- PUZZLE COLECTIVO para expoñer nun lugar ben visible do cole.
- CICLO DE CURTAS nos recreos.
- Recomendacións LECTORAS sobre a temática do autismo.
luns, 3 de xuño de 2024
luns, 19 de febreiro de 2024
CANDO TODAS PODEMOS XOGAR...
O patio constitúe un dos momentos favoritos dos nosos cativos e cativas, ademais dun elemento clave no seu desenvolvemento físico, social e intelectual. Debe tratarse, por isto, e tal e como xa indicamos, dun espazo dinámico e inclusivo, con múltiples e variadas ofertas de xogo, buscando que, no noso centro, continúen tendo cabida todos os xeitos de divertirse, comunicarse e socializar nos diferentes momentos que constitúen a xornada escolar. Retomarase, con este fin, a iniciativa resultante do PFPP do curso 21-22, Unha escola para todos. Deste modo, a proposta alternativa ao xogo libre estará acompañada de instrucións adaptadas aos diferentes sistemas de comunicación presentes na nosa escola, co fin de que estas sexan comprendidas e interiorizadas pola totalidade do noso alumnado. Nesta mesma liña, coidarase a sinaléctica dos diferentes espazos de lecer dos nosos patios para atender ás necesidades estructurais e comunicativas da totalidade do noso alumnado.
venres, 1 de decembro de 2023
Recibimos a visita de ABECONSA BASKETMI
O 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Unha data relevante no noso centro.
Tendo en conta que este ano é olímpico, achegarnos ao deporte para TOD@S é inevitable.
A DISCAPACIDADE NO DEPORTE.
Contactaremos con diferentes organizacións co fin de dar visibilidade ao papel das persoas con discapacidade no deporte entre o noso alumnado.
QUEN NOS VISITOU? ABECONSA BASKETMI
Entidade, sen ánimo de lucro, que fomenta a práctica deportiva entre persoas con discapacidade que, a día de hoxe, ten como eixe principal o baloncesto en cadeira de rodas.