A resposta elaborada por 2º B é un podcast que se pode escoitar premendo na imaxe de Radio Carola.
Este ano quixemos contar coa colaboración especial das familias na creación dun TRIVIAL. Dado o PDI que se está a traballar, creáronse 6 categorías acordes coa nosa temática:
HISTORIA
XEOGRAFÍA
CIENCIAS
DEPORTISTAS
ARTE
ESPECTÁCULOS
Enviouse a casa a nota xa preparada para recoller as aportacións:
![]() |
| Hai un erro, atopáchelo? |
O PDI deste curso, Figueirolimpíadas, xunto coa nosa participación nos Contratos Programa CP Inclúe e CP Innova, deron lugar a unha oferta variada de propostas enmarcadas no enfoque STEAM, enfoque pedagóxico que se centra nunha aprendizaxe práctica e experimental, animando ao alumnado a xogar, explorar, experimentar, crear e aprender facendo, vinculadas co Espazo CreaTIvo da nosa Biblio de Carola, entre as que cabe destacar esta: alumnado de infantil e primaria empregou a máquina de corte para elaborar postais de Nadal e medallas olímpicas coas que agasallar ás súas familias, creando circuítos eléctricos sinxelos con fío condutor, batería e luz led para dar luz aos mesmos.
Outro xeito de celebrar o DÍA DE ROSALÍA, tendo en conta o PDI deste curso, é traballar para poñer a Rosalía a practicar deportes olímpicos.
Foi unha actividade ben chula na que cadaquén empregou a súa creatividade para debuxar á nosa Rosalía en pose deportiva. Despois, grazas á tecnoloxía, os debuxos cobraron vida, danzando, brincando ou correndo sen parar dun lado a outro.
A modo de exemplo, deixamos aquí a unha Rosalía feita nas clases de 3 anos.
Todas as creacións foron recollidas e gardadas en diversos documentos. Nas aulas de 3 anos compartíronas deste xeito:
![]() |
| As Rosalías deportistas de 4º A de infantil |
![]() |
| Rosalías brancas feitas en 4º B de infantil |
O patio constitúe un dos momentos favoritos dos nosos cativos e cativas, ademais dun elemento clave no seu desenvolvemento físico, social e intelectual. Debe tratarse, por isto, e tal e como xa indicamos, dun espazo dinámico e inclusivo, con múltiples e variadas ofertas de xogo, buscando que, no noso centro, continúen tendo cabida todos os xeitos de divertirse, comunicarse e socializar nos diferentes momentos que constitúen a xornada escolar. Retomarase, con este fin, a iniciativa resultante do PFPP do curso 21-22, Unha escola para todos. Deste modo, a proposta alternativa ao xogo libre estará acompañada de instrucións adaptadas aos diferentes sistemas de comunicación presentes na nosa escola, co fin de que estas sexan comprendidas e interiorizadas pola totalidade do noso alumnado. Nesta mesma liña, coidarase a sinaléctica dos diferentes espazos de lecer dos nosos patios para atender ás necesidades estructurais e comunicativas da totalidade do noso alumnado.
Este Nadal agasallamos ás familias cun calendario que tamén resultou ser un agasallo para o cole.
Quen nos fixo o agasallo? Javicho, o noso flamante futbolista! Acodiu ao noso centro cun dron para inmortalizar os NOSOS AROS OLÍMPICOS.
Esta foto foi posible grazas á colaboración das familias que responderon á nosa demanda proporcionando aos seus fillos e fillas a roupa da cor solicitada. Así conseguimos crear 5 grupos de cores ben famosas: as cores dos aros olímpicos.
Como non podía ser doutro xeito, Carola e Lingüereta tamén dan boa conta dos Xogos Olímpicos, e así, mentras Lingüereta é aportadora do FACHO OLÍMPICO, Carola é unha atleta que corre en cadeira de rodas.