Amosando publicacións coa etiqueta storybook. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta storybook. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xuño de 2026

Carola e Lingüereta QUEREN SABER... por 3º EP C

 Unha historia ben fermosa presentan as nenas e nenos de 3º C de primaria para explicar como naceu a agricultura e dar así resposta coa súa investigación a QUEREN SABER de Carola e Lingüereta


Carola e Lingüereta QUEREN SABER... por 4º EI A

  Parece maxia pero é certo!!!

Con só 3 anos, as nenas e nenos de 4º A de Infantil investigan

Que relación hai entre a lúa e a agricultura?

e agasállannos con este marabilloso conto ilustrado como resposta. Carola e Lingüereta poden estar ben contentas, sempre QUEREN SABER e desta volta non debe haber queixa.



Carola e Lingüereta QUEREN SABER... por 5º EP A

Os nenos e nenas de 5º EP A responden á pregunta de Carola e Lingüereta QUEREN SABER... Que danos ambientais xera a agricultura? creando un bonito storybook.


martes, 9 de xuño de 2026

Carola e Lingüereta QUEREN SABER... por 2ºA EP

Os nenos e nenas de segundo A responderon á pregunta de Carola e Lingüereta QUEREN SABER... Cal é o prezo ambiental de comer froita todo o ano? creando dous storybooks e un podcast que reflicten os resultados da súa investigación.










martes, 2 de xuño de 2026

Carola e Lingüereta QUEREN SABER por 3º C

Os nenos e nenas de terceiro C responderon á pregunta de Carola e Lingüereta, Como naceu a agricultura?, creando un storybook moi chulo.

mércores, 27 de maio de 2026

Carola e Lingüereta QUEREN SABER por 1º C

Os nenos e nenas de primeiro C responderon a súa pregunta de "Carola e Lingüereta QUEREN SABER", Agricultura intensiva: que é, consecuencias e presenza en Galiza, creando este bonito storybook ao que eles mesmos deron voz e cor.

Pinchade na imaxe para desfrutalo!