martes, 30 de abril de 2019

DÍA (semana) DO LIBRO. ILUSTRES VISITAS!!! (I)

Chega o mes de abril e a Biblioteca énchese de festa. Os nosos mellores inquilinos, OS LIBROS, están de celebración.

Para esta ocasión, e en colaboración coa ANPA Picariños, recibimos dúas fantásticas visitas:

- unha visita dunha moi boa coñecedora de libros, tan boa que chega a enchouparse deles para quitar de cada un o melloriño e ofrecérnolo. Trátase de CRIS DE CALDAS, a nosa contacontos favorita

- a outra visita é dunha facedora de libros. Escribe poemas, contos, novelas... Relatos que nos enfeitizan e que cando é ela quen os conta quedamos pamp@s. Estamos a falar de SUSANA ARÍNS.


CRIS DE CALDAS

De baleas, sereas e piratas. Verbas de sal e outros contos de mar

Cris volveu facelo. Volveu respostar á nosa solicitude como só ela o sabe facer. Escolleu, preparou e relatou un feixe de historias todas vinculadas ao mar.

As nenas e os nenos de Infantil, 1º e 2º foron @s afortunad@s!!!

E aquí queda unha mostra gráfica do seu paso pola Biblio de Carola:















DÍA (semana) DO LIBRO. ILUSTRES VISITAS!! (II)

Por primeira vez (e non vai ser a última...) achégase ao noso cole


SUSANA SÁNCHEZ ARÍNS.

Dende o Foxo ata a Arousa!

Susana, estradense coma nós, coñeceu o mar moi de preto. Dende que chegou á Arousa involucrouse moito na vida cotiá da Illa, da Ría..., porque ela non sabe facelo doutro xeito.

A pesares dos seus medos, o mar foi quen de engaiolala e viveuno de pleno. Navegar convirteuse axiña nunha tarefa cotiá. E a súa escrita acompañouna nesa singladura. O seu libro "A noiva e o navío" foi a razón pola que quixemos contar con ela no mes de Abril. Susana pensou que se trataba dunha obra pouco axeitada para a rapazada que a ía escoitar. A modo de broma, suxerímoslle que senón valían eses poemas, que nos fixera un para nós.

E non nos fixo caso!! Non escribeu un poema para nós!!



Agasallounos cun LIBRO MANUSCRITO onde había DEZ poemas, algún adaptado da súa obra anterior, pero a meirande parte deles pensados, sentidos e escritos pensando nas nenas e nos nenos do cole de Figueiroa.

E por se fora pouco, agardou a estar con estas mozas e mozos para crear colectivamente un poema, "as crebas", no que participou quen quixo e que quedou tamén nas preciosas páxinas azuis do libro "Amaromar" de Susana Aríns.




E así o fixo constan na súa adicatoria:



Con Susana estiveron as nenas, nenos e mestras de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.


O NOSO LIBRO "AMAROMAR" DE SUSANA ARÍNS







Estes son os nosos poemas:









varanda



andar o dia todo

a fazer “o pino”

o sangue na cabeça

a força pousada nas mãos

as areias a cravar-se nos dedos

andar o dia todo

a fazer “o pino”

a olhada direta às botas

aos ténis aos sapatos

e reparar na cor das meias

e nesse sinal na pele do nocelho

no balouçar dos teus pés

quando te pões nerviosa

porque ando o día todo

a fazer “o pino”



isso é navegar

ver-lhe o revés à terra.





bruídos

o bruar da buguina na fábrica
os brutamontes nas motos de àgua
os bracejos a berrar polas amigas
branca brais braulio brenda
o bramido das hélices dos motores
o brus que esfrega a coberta
brindos e bromas entre a brétema
cabriolas das crianças na praia
bravo bravo bravo bravo
como brincam entre a bruma
as brigas de toalha a toalha
a bronca bule sai da areia
abriga-te!
br br br br br br br br br br br br br
breve é a brisa que nos leva
longe
muito longe
do barulho
a perfeiçoar
andamos nós
a técnica da lentitude
a arte        de escuitar o silêncio







medo
medo a cair a afogar
medo á nevoa que oculta o sol
                                   e o caminho
medo ao urco ao kraken
                  aos monstros enormes
                  ás barrigas das baleias
medo á solheira ao calor
                  a morrer de sede sem àgua
                                   sem alento
medo ao vento súbito
                  que arrebola as velas
medo ao relampo ao longe
                  ás nuvens negras que trazem tronada
medo á escuridade da àgua
                  aos seus segredos
medo a esvarar a trilhar os dedos
                  em tanto cabo
medo a que nom queiras
    navegar comigo





o mistério

olha lá!
que é aquilo?
que floreia na mar?
um com?
um lixo chegando da praia?
um mergulhador à procura de navalhas?
repara!
agora sai!
e será um monstro
dos que falam os contos?
ssssst!
nom o espantes!
eis o vem!
e na borda da dorna
assoma o  focinho
como un cadelo contento
o arroaz
podes acarinhá-lo, nom trava!





as crebas

no bordo da praia
o mar que enche e devala
entregou-me
um cabo esfianhado
que quiçás foi escota.
um dardo verde
uma concha com un burato
outra con cinco
uma cana de pescar
uma gradisela morada e viva
um anzol
uma pedra com um cristal pegado
uma buguina que cheirava a prea
uma concha de xíbia
uma pedra com forma de coraçom
uma pá e um cubo
dez euros
a quilha duma tábua de surf
um triciclo oxidado
um caranguejo vivo
outro atrapado nas rochas
uma concha como uma lámpada
uma concha
com uma concha dentro
com uma concha dentro
e dentro
e dentro
e dentro
uma águamorta
dez euros, outra vez
e sem frasco nem mensagem
  a tua voz desarborada

                        poema colectivo







Moitísimas, moitísimas grazas, Susana!!

sábado, 27 de abril de 2019

A HISTORIA DO LIBRO


As biblios escolares do concello da Estrada iniciamos unha nova andaina colectiva. Polo momento podemos ofrecer un traballo de investigación colaborativa do que nos sentimos moi orgullosos. Pola parte que nos toca, felicitar moi expresamente ás nosas 5 parellas investigadoras.

A partir dos traballos destas 10 persoas elaboramos o seguinte cadro que facilitou o tratamento de datos:




O resultado final, produto do traballo das nove bibliotecas é o seguinte:



martes, 23 de abril de 2019

ESTRADA DE LIBROS

No marco da proposta conxunta das bibliotecas escolares da Estrada, tentamos dar forma a unha idea que nos resulta moi,moi atractiva.

Novamente da man de Mayte, a responsable da biblitoeca do IES Manuel García Barros, abordamos a posibilidade de convertir A Estrada nun espazo de libre intercambio de libros.

“LIBROS NA ESTRADA” é unha iniciativa enmarcada no BookCrossing (ou cruce de libros). Trátase dun movemento nacido nos Estados Unidos que se caracteriza por poñer en práctica a liberación de libros en espazos públicos para que outros o atopen, os lean e volvan liberalos. O obxectivo é transformar o mundo enteiro nunha biblioteca, no canto de manter os libros parados nas súas librerías, de xeito que o acceso á cultura, e especialmente á lectura, sexa verdadeiramente universal.

O colectivo formado polas Bibliotecas dos centros de ensino do Concello aposta claramente por unha iniciativa que parte de xestos individuais pero que axudan a crear colectividade. Cazar un libro ou liberalo é unha experiencia individual, persoal que repercute na nosa contorna.

Cremos que haberá que ser especialmente coidadosos cos lugares escollidos para a ubicación do mobiliario de xeito que cheguemos ao maior número de persoas potencialmente interesadas ao mesmo tempo que xeneremos novas incorporacións.

Falouse coa concelleira de Educación coa intención de establecer canles de colaboración. Amosou en todo momento moito interés e fomos quen de establecer accións:

- precisabamos un LOGO que representara a idea que estabamos a crear. A concelleira púxonos en contacto coa deseñadora gráfica local Rosa de Cabanas que elaborou o seguinte logo:




- Tendo en conta que precisariamos un MOBILIARIO axeitado, o concello tamén se comprometeu a executalo e facelo realidade. Para iso decideuse convocar un CONCURSO DE IDEAS DE MOBILIARIO que tamén funcionara como difusión do proxecto.


Acórdase facer un envío masivo de correos a centros de formación que puideran estar interesados neste idea: escolas de arquitectura, centros de FP, ... ; pero tamén se pensaba no público en xeral, calquera persoa era susceptible de participar e achegar a idea do mobiliario definitivo.