Amosando publicacións coa etiqueta Concello da Estrada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concello da Estrada. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de xuño de 2024

EMOCIÓNS no NOSO deporte

 Quixemos saber que se sinte no deporte de élite. E tendo figuras tan destacadas na nosa contorna, acudimos a elas e elas respostaron.

Aquí quedan as montaxes gráficas que se fixeron coas súas respostas. Algunha respostou con audios e creáronse podcast aos que se pode acceder cun QR, outras enviaron as respostas xa elaboradas nun texto coidadísimo e houbo ata quen enviou as respostas manuscritas. Un luxo de actividade que da para pensar e repensar moitas cousas.


Joel, exalumno do noso centro. Visitou á clase de 3º A, a do seu irmán para falar moito e ben

Que sabias palabras nos di Carmen, verdades boas e grandes.

A olímpica Julia Vaquero enviou un cuestionario "manuscrito" que respectamos e reflectimos en imaxes



A nosa profe de 1º C, tan preto e tan boa!!

Plusmarquista de entrega de cuestionario, moitas grazas

Dori visitou a clase de 3º A, onde conta cunha familiar

Manu forma parte da Selección Galega e leva o nome da Estrada por todo o estado

Flamante campión ciclista e pai de alumn@s do noso cole

Moito aprendemos con Ángel!!


mércores, 28 de xuño de 2023

DINAMIZA TV 2023

 Coa colaboración do Concello da Estrada o noso centro participou do convite para facer un telexornal de verdade.

Neste novo "Dinamiza TV" o noso centro dou boa conta do PDI no que levamos a traballar todo o curso 22/23


martes, 22 de xuño de 2021

TOPONIMIA NO PDI


 Como ven sendo costume, no Proxecto Documental Integrado de cada ano, adicamos un espazo concreto para a TOPONIMIA.

Neste caso imos prestar atencións aos LUGARES onde se miraba pola nosa saúde, aínda que non sempre houbera estudados da medicina.


Eran sitios onde había persoas de recoñecido prestixio que nos axudaban en pequenos problemas de saúde.

Menciñeir@s, compostoras,... 

 

Para anunciar esta actividade chegará ás casas unha nota como a que se atopa á dereita. No fondo hai uns SINALADORES que serán os que hai que cubrir, recortar e colocar no mapa da entrada do cole, se sabemos de alguén que curaba e o nome do sitio onde vivía.

Este traballo de toponimia é para recoller o nome dos lugares. Pero se tendes información sobre as persoas que estamos a traballar, non dubidedes máis e a COMPARTIR!!!

Todo sexa por coñecer mellor aos nosos veciños e veciñas. 

Pregunta, indaga, investiga... fai un pequeno traballo sobre esa persoa que "curaba" e envíao ao correo da biblio

bibliodecarola@gmail.com








RESULTADO DESTA ACTIVIDADE:

Mapa do concello da Estrada onde sinalamos

























As parroquias máis nomeadas foron:

TABEIRÓS
e
PARDEMARÍN










A "gañadora" absoluta foi a "Corva de Pardemarín", a señora Carmen.

E moitas grazas ás familias que aportaron pequenos traballos de investigación sobre Carmen Montoiro, algunhas con ilustracións: debuxos, fotos...







xoves, 5 de marzo de 2020

FARTURA DE TOPONIMA!!


A TOPONIMIA é unha teima que temos nos nosos PDI, e nesta ocasión voltamos con elas.

Tratamos de atopar nomes de lugares no mapa da Estrada que teñen relación coa alimentación. 





Carola é a primeira en facer a súa proposta e resulta que o nome do noso cole provén do nome dunha árbore froiteira.


Na entrada do cole queda o mapa da Estrada para que voluntariamente quen queira poida facer as ´suas aportacións.



martes, 13 de marzo de 2018

Día de Rosalía - A Estrada 2018

Un ano máis o Concello da Estrada fai unha recreación colectiva dun poema de Rosalía para celebrar o seu día. Nesta ocasión tocoulle a vez a "Adeus ríos, adeus fontes" nunha versión anegada pola diversidade, onde Rosalía é recitada dende moitos lugares e en moitos idiomas.

O noso cole tamén participou, podedes ver ás nosas nenas e nenos cando o vídeo chega aos 3:38 minutos.

Parabens polo proxecto!!!

Rosalía, definitivamente, veu para quedar.