Amosando publicacións coa etiqueta Creación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Creación. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de maio de 2022

O libro colectivo que fixemos no DÍA DA PAZ

 As clases do cole de Figueiroa atenderon á proposta do Equipo de Extraescolares con moito ímpetu e crearon as páxinas deste fermoso libro.

sábado, 23 de maio de 2020

GRAZAS familias por estas PITAS BAIXO A CHOIVA

É un auténtico pracer presentar este traballo feito polas familias da clase de 5º A de Infantil. A distancia non puido con elas e fixeron un traballo técnicamente perfecto, gráficamente impecable e sentimentalmente... uff, difícil de describir, porque despertou nas persoas que o vimos unha tenrura e un orgullo!

No ano en que se adica o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, escolleron o conto de "As pitas baixo a choiva" para poñer as voces das nenas e dos nenos, que venceron as distancias xeográficas e se aunaron para formar unha peza tan fermosa.

Moitísimas grazas por facelo e moitísimas grazas por compartilo.




domingo, 14 de maio de 2017

TEMOS UN CONTO ENTRE MANS...

A celebración do DÍA-SEMANA-MES do LIBRO, vai máis alá de coñecer e traballar sobre historias que chegan ata nós. Nesta ocasión a proposta que nos ofrece Carola é a CREACIÓN LITERARIA.

A Biblio de Carola vai contar con dúas novas incorporacións, unha historia dos grupos A e a outra dos grupos B do noso CEIP de Figueiroa.

O proceso é o seguinte:

- En Educación Infantil tómanse as decisións que marcarán o inicio do conto.
  • 4º de Infantil decide sobre QUE ou QUEN protagoniza a historia
  • 5º de Infantil decide sobre ONDE se vai desenvolver todo
  • 6º de Infantil decide sobre QUE VAI APARECER
  • 6º de Infantil decide sobre O QUE NON PODE FALTAR
- Canto chegan esas condicións a Primaria, a historia empeza nunha das clases e vai pasando por todas e cada unha ata que todas e todos participen.

Para ilustrar os contos, en cada clase fan os debuxos que queiran, sobre calquera das partes da historia.

TEMOS UN CONTO ENTRE MANS...,
DAS CLASES A.

QUE ou QUEN: Unha escola embruxada
ONDE: un monte moi alto, onde de noite se vían as estrelas
QUE VAI APARECER: unha caixa máxica que se move e bota fume

Por fin temos un novo conto feito por todos e para todos:



TEMOS UN CONTO ENTRE MANS...,
DAS CLASES B.

QUE ou QUEN: Un grupo de nenas e nenos
ONDE: no bosque
QUE VAI APARECER: un lobo
O QUE NON PODE FALTAR: unha canción