Amosando publicacións coa etiqueta CP EDUsostibilidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CP EDUsostibilidade. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de maio de 2024

AXENTES ANTILIXO!!!

Moito tempos que agradecer a este equipazo de traballo. As nenas e nenos de 3º de primaria fixeron moitas cousiñas boas por nós.


Pero ollo!! o ideal sería que quedaran sen traballo. 


Así que agora que xa sabemos como ten que estar o PATIO e as INSTALACIÓNS do cole, de nós depende que se manteña.

  
  


Moitas grazas, compañeiras!!


venres, 26 de abril de 2024

XOGOS TRADICIONAIS no patio

No noso centro, nas horas de recreo, o deporte rei continúa a ser, sen lugar a dúbidas, o fútbol, condicionando, en gran medida, as interaccións neste tempo de lecer entre o noso alumnado. O curso pasado quedaron claramente delimitados os espazos de xogo, evitando que todo o patio seguise funcionando como un gran estadio, e acordouse establecer un día sen fútbol, posibilitando que todo aquel/a que desexase xogar a outros deportes, como por exemplo o baloncesto, contase cun campo libre onde poder facelo. Observamos que son os nenos, de maneira maioritaria, os que xogan a este tipo de deportes, ocupando as nenas un papel totalmente secundario. 

Esa é unha das razóns que nos impulsa a habilitar un día á semana o patio central (no que non hai fútbol ningún día) para promocionar diferentes xogos tradicionais orientados tanto a nenos como a nenas, creando, así, un espazo libre da fenda de xénero: corda, construción con elementos naturais, goma, mariola.... 

Dirixiremos os nosos esforzos a conseguir que dito espazo acabe sendo xestionado polo propio alumnado.

 


Como estaba previsto, realizáronse sesións de xogos tradicionais no patio do cole.

Nas seguintes fotos podemos ver xogando ao alumnado de 3º de primaria:










Tamén xogaron con xoguetes tradicionais, coma os carozos ou "ás casiñas".









E cando o tempo non acompaña, sempre está o pavillón:









mércores, 10 de xaneiro de 2024

Novo recanto do VOLUNTARIADO: creando para tod@s

O noso voluntariado é imparable. Cando organizan os obradoiros sempre procuran que permitan finalizar produtos que levar para uso persoal.

Este ano acordamos facer para outr@s. A proposta saeu do Equipo de Biblio e o voluntariado respondeu, como xa nos ten acostumadas.

Dende as clases de Infantil e PT, sobre todo, chegaron as demandas de recursos específicos que precisaban. 

O resultado? a continuación queda unha mostra:


Isto xa é un non parar.


mércores, 13 de setembro de 2023

Carola e Lingüereta OLÍMPICAS

Como non podía ser doutro xeito, Carola e Lingüereta tamén dan boa conta dos Xogos Olímpicos, e así, mentras Lingüereta é aportadora do FACHO OLÍMPICO, Carola é unha atleta que corre en cadeira de rodas.

Lingüereta leva o facho xunto con Phryge paralímpica

Carola a toda velocidade na súa cadeira de carreiras acompañada de Phryge Olímpica

  

Nas imaxes anteriores, podemos ver ás nosas mascotas acompañadas de Phryge, o gorro frixio que representa aos Xogos de París 2024. Por esa mesma razón locen na cabeza os gorros que simbolizan a liberdade e a posibilidade de que o deporte pode cambiar vidas.

O lema da Phryge olímpica e da Phryge paralímpica é “Sós imos máis rápidos, pero xuntos chegamos máis lonxe”, e representan o modo no que as mascotas, e as persoas de todo o mundo, podemos facernos mellores as unhas ás outras traballando xuntas.






luns, 11 de setembro de 2023

FIGUEIROLIMPÍADAS: Un curso de campionato!!!

O curso 23/24 vai rematar coa inauguración dos Xogos Olímpicos de París. Aproveitamos esta celebración para adicar o PDI deste curso ao "feito olímpíco" por todas as cousas boas que nos pode aportar. 

A nosa pretensión é achegar os valores fundamentais do olimpismo á nosa comunidade educativa mediante o PDI “Un curso de campionato”. As actividades para realizar serán diversas, traballando en equipo e promovendo a participación de todas e todos. O noso obxectivo é que o noso alumnado coñez a información referida ao Olimpismo, pero tamén que desenvolva actitudes de cooperación, de empatía, de respecto aos demais, e fairplay, como valores do Olimpismo.

O CÓMIC tamén terá moita presenza, dado que é o xénero literario proposto pola Asesoría de Biblitoecas para traballar neste curso.


Un ano máis, a entrada do noso cole rinde homenaxe ao PDI e recíbenos así o primeiro día de clase: