No noso centro, nas horas de recreo, o deporte rei continúa a ser, sen lugar a dúbidas, o fútbol, condicionando, en gran medida, as interaccións neste tempo de lecer entre o noso alumnado. O curso pasado quedaron claramente delimitados os espazos de xogo, evitando que todo o patio seguise funcionando como un gran estadio, e acordouse establecer un día sen fútbol, posibilitando que todo aquel/a que desexase xogar a outros deportes, como por exemplo o baloncesto, contase cun campo libre onde poder facelo. Observamos que son os nenos, de maneira maioritaria, os que xogan a este tipo de deportes, ocupando as nenas un papel totalmente secundario.
Esa é unha das razóns que nos impulsa a habilitar un día á semana o patio central (no que non hai fútbol ningún día) para promocionar diferentes xogos tradicionais orientados tanto a nenos como a nenas, creando, así, un espazo libre da fenda de xénero: corda, construción con elementos naturais, goma, mariola....
Dirixiremos os nosos esforzos a conseguir que dito espazo acabe sendo xestionado polo propio alumnado.
Nas seguintes fotos podemos ver xogando ao alumnado de 3º de primaria:
Tamén xogaron con xoguetes tradicionais, coma os carozos ou "ás casiñas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario