Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA: ilustración colectiva

 Un ano máis o EDLG do noso cole fomenta unha acción colectiva para homenaxear á nosa poeta.

No ano en que adicamos o PDI ao baile, a música, instrumentos e festa non faltan nas palabras de Rosalía. Unha vez que cada clase fixo a súa aportación, o Equipo de Biblio deulle forma de vídeo para compartir co mundo. 


HAS DE CANTAR....




martes, 25 de febreiro de 2025

Día de Rosalía. Febreiro 2025

 As nenas e nenos de 5º B de Infantil fan a súa particular homenaxe, poñendo guapísima a Rosalía



luns, 26 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

A clase de 4º A compartiu na Biblio poemas de Rosalía de Castro con outros grupos do cole.

Deixamos o vídeo que da conta do seu bo facer.



ROSALÍA EN MOVEMENTO

Outro xeito de celebrar o DÍA DE ROSALÍA, tendo en conta o PDI deste curso, é traballar para poñer a Rosalía a practicar deportes olímpicos.

Foi unha actividade ben chula na que cadaquén empregou a súa creatividade para debuxar á nosa Rosalía en pose deportiva. Despois, grazas á tecnoloxía, os debuxos cobraron vida, danzando, brincando ou correndo sen parar dun lado a outro.

A modo de exemplo, deixamos aquí a unha Rosalía feita nas clases de 3 anos.


Todas as creacións foron recollidas e gardadas en diversos documentos. Nas aulas de 3 anos compartíronas deste xeito:


As Rosalías deportistas de 4º A de infantil


Rosalías brancas feitas en 4º B de infantil


sábado, 25 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA NO TEATRO PRINCIPAL

 

Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o Concello da Estrada, en colaboración cos centros educativos da vila, presenta en homenaxe á gran poetisa galega Aí vén a tola soñando, un videoclip realizado e filmado por Lucas Terceiro e cunha canción composta e interpretada por Gabriel Blanco (Plan Siberia) que pon música a un poema de Rosalía. O traballo conta cunha coreografía creada pola bailarina Jacqueline Reimúndez e bailada por un abano de alumnos/as procedentes de distintos coles estradenses.



FONTE: Blog do EDLG do CEIP de Figueiroa Dinamiza Figueiroa

luns, 18 de marzo de 2019

DÍA DE ROSALÍA 2019

Para celebrar o Día de Rosalía no ano en que traballamos o MAR, lemos e lemos moitos poemas de Rosalía de Castro. Despois de moitos traballos fixemos unha escolla de dous poemas para ser tratados en Educación Infantil e en Educación Primaria. O xeito de abordar os poemas foi como en moitas outras ocasións: repartimos os versos por clases, para que sexan ilustrados. Así ofrecemos estes dous traballos dos que nos sentimos moi orgullos@s.


EDUCACIÓN INFANTIL:

Foi a Páscoa enxoita


    Foi a Páscoa enxoita,
    choveu en San Xoán;
    a Galicia a fame
    logo chegará.

    Con melanconía
    miran para o mar
    os que noutras terras
    tén que buscar pan.







EDUCACIÓN PRIMARIA:


Del mar azul las transparentes olas

Del mar azul las transparentes olas
mientras blandas murmuran
sobre la arena, hasta mis pies rodando,
tentadoras me besan y me buscan.
Inquietas lamen de mi planta el borde,
lánzanme airosas su nevada espuma,
y pienso que me llaman, que me atraen
hacia sus salas húmedas.
Mas cuando ansiosa quiero
seguirlas por la líquida llanura,
se hunde mi pie en la linfa transparente
y ellas de mí se burlan.
Y huyen abandonándome en la playa
a la terrena, inacabable lucha,
como en las tristes playas de la vida
me abandonó inconstante la fortuna.




A las orillas del Sar.



martes, 13 de marzo de 2018

Día de Rosalía - A Estrada 2018

Un ano máis o Concello da Estrada fai unha recreación colectiva dun poema de Rosalía para celebrar o seu día. Nesta ocasión tocoulle a vez a "Adeus ríos, adeus fontes" nunha versión anegada pola diversidade, onde Rosalía é recitada dende moitos lugares e en moitos idiomas.

O noso cole tamén participou, podedes ver ás nosas nenas e nenos cando o vídeo chega aos 3:38 minutos.

Parabens polo proxecto!!!

Rosalía, definitivamente, veu para quedar.



luns, 13 de marzo de 2017

"Día de Rosalía". Poema recreado en INFANTIL

Os 7 grupos de Educación Infantil do noso cole participaron na homenaxe a Rosalía de Castro e traballaron co poema "Castellanos de Castilla".

Lingüereta máis eu tivemos serios problemas para escoller entre todos os debuxos, posto que cada nena e cada neno fixo candanseu debuxo do verso que lle tocou á sua clase.

A elección deste poema obedece tamén á temática que estamos a traballar no cole dende o Día da Paz, dentro do proxecto ESTRADA DE ESTRADAS.



Agardamos que vos guste!!!


"Día de Rosalía". Poema recreado en PRIMARIA

Recén saído do forno, chega a primeira recreación colectiva dun poema de Rosalía de Castro. 

Mapa mundi que recolle os destinos dos nosos emigrados


Neste ano, no proxecto ESTRADA DE ESTRADAS, traballamos a situación dos refuxiados a partir das experiencias dos nosos familiares emigrados. Por esta razón, o poema elexido para traballar por todo o alumnado de Educación Primaria foi "Iste vaise", da obra FOLLAS NOVAS.




O Val das mouras, case tan contentos como está Carola!!!
Nesta ocasión tivemos un agasallo moi especial. Á hora de poñer música á montaxe, buceando por internet atopamos un grupo que ofrecía unha versión moi fresca, moi bonita dos poemas de Rosalía. Estaba claro que esa tiña que ser a "nosa" música. Así que Carola púxose mans á obra e contactou co grupo 
O val das mouras.
 Non tardaron nin media hora en responder ao correo electrónico. David o seu representante estaba encantado, e non só nos deron permiso, senón que enviou por correo un arquivo de audio dunha calidade excelente. 

Esta foi a súa resposta:  Por suposto! Podedes empregar o que queirades! De feito fainos moita ilusión :) Eu tamén son mestre, aquí en Bcn.... que a nosa música axude a sementar a obra de Rosalía nas escolas paréceme sinxelamente brutal.
 Moitas grazas David!! Moitas grazas Val das Mouras!!

E aquí queda o noso traballo:





luns, 27 de febreiro de 2017

24 DE FEBREIRO: Día de Rosalía



 O venres 23, no MOME celebrouse o DÍA DE ROSALÍA.
 
O CEIP de Figueiroa tamén participou a través da intervención de Kenia Souto co poema "Castellanos de Castilla"

Foi a ocasión elexida para presentar o novo traballo colectivo, sobre un dos poemas da nosa autora. "Negra sombra" aparece nunha nova interpretación onde participan moitos e moitas viciñas da Estrada. Aquí queda ese maravilloso traballo:


Parécenos esta unha moi boa ocasión de recordar a creación colectiva que fixemos no CEIP de Figueiroa hai uns anos.



Así imos facendo boca, agardando polos poemas que están a piques de sair neste curso dende o noso cole.
Lembremos que terán moito que ver co que se está a traballar no proxecto ESTRADA DE ESTRADAS. Máis concretamente coa temática iniciada co gallo do Día da Paz: refuxiados-emigración...
Xa queda pouco!!