20/21 PDI "Saudiños e Saudiña
19/20 PDI "COMO! como?"
Unha actividade tan cotiá como é ALIMENTARSE será o eixo central do curso 19/20 no CEIP de Figueiroa. Tentaremos ofrecer un amplo abano de posibilidades para dar resposta aos intereses que xurdan en cada persoa, clase, nivel, ciclo...
Alimentarse é unha acción conscente da que participamos todas as persoas. Buscamos facer da alimentación e dos alimentos un feito explícito sobre o que facer análises, investigar, reflexionar e, na medida do posible, modificar conductas e actitudes que nos axuden a ser mellores persoas no medio físico que nos tocou vivir.
18/19 - PDI "AMAROMAR"
O mar constitúe un elemento atractivo e suxerente por si mesmo… Chegar o primeiro día de clase, ao centro totalmente ambientado con elementos náuticos e mariñeiros é sinónimo de garantía de motivación e emoción.

Para coñecer máis deste PDI, premer na imaxe da dereita.
17/18 - PDI "MÚSICA, músicas"
A modo de resumo, expoñemos este mural que se fixo con motivo da asistencia da nosa biblio ao Encontro de Bibliotecas:
16/17 - PDI: ESTRADA DE ESTRADAS (II)
Un novo proxecto se pon en marcha no CEIP de Figueiroa no curso 17/18.
Este curso tócalle á MÚSICA, algo que non vemos, que non tocamos, que non ulimos nen saboreamos, pero que SENTIMOS, VIVIMOS cando a ESCOITAMOS.
Co Proxecto Documental Integrado "MÚSICA, músicas" queremos achegarnos a este xeito de expresión que leva acompañando á humanidade dende...
Vivir sen música seria casi imposible. Xa forma parte de nós, incluso antes de nacer. A música cumple diversas funcións: axúdanos a soñar, fainos compaña, permítenos sentirnos parte dun grupo social máis amplo..., en definitiva amplifica as nosas sensacións e emocións, as positivas e as negativas.
A modo de resumo, expoñemos este mural que se fixo con motivo da asistencia da nosa biblio ao Encontro de Bibliotecas:
16/17 - PDI: ESTRADA DE ESTRADAS (II)
Este curso 2016/2017, por primeira vez na nosa historia, repetimos temática de traballo no PDI (Proxecto Documental Integrado).
E non ía ser menos!!! Trátase do noso concello, a vila e todas e cada unha das parroquias que o conforman.
E SON 51 PARROQUIAS!!!!
O curso pasado dou para moito. A vila da Estrada foi a máis directamente estudada dende o noso centro e dende o noso centro colaborador, o IES Antón Losada.
Este curso, para ir abrindo boca, empezamos por algo sinxeliño:
POR QUE SE CHAMA ASÍ A PARROQUIA...?
Atendemos á clasificación que fixo Don Manuel Reimóndez Portela do concello e... cada curso encárgase dunha desas zonas.
Hai moita información que buscar e xa temos preparado onde haberá que depositala. Cada parroquia ten a súa PÁXINA colgada no CORREDOR DA ESTRADA
15/16 - PDI: ESTRADA DE ESTRADAS (I)
14/15 - PDI: VIAXE POLO MUNDO
13/14 - PDI: A BOTICA DA TERRA
Ningún comentario:
Publicar un comentario