Unha nova semana de "A música na miña vida" dá comezo con esta actuación.
Co nome das MARUXAS, 4 mozas de 6º B de primaria encheron o salón para ofrecer a súa coreografía, a ritmo moi "Personal"
Rachando "normas", concedéronlle a honra ao público de ocupar o escenario.
luns, 23 de abril de 2018
xoves, 19 de abril de 2018
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Manuel María e Luis Emilio Batallán por 2ºA de primaria
As nenas e os nenos de 2º A prepararon, xunto coa súa profe Helena a canción que Luis Emilio Batallán fixo a partir dun poema de Manuel María: O MEU BURRO TROTÓN.
mércores, 18 de abril de 2018
A LINGUA NON PARA. Concurso de Vídeo do Correlingua 2018
O vídeo creado polo Equipo de Dinamización Lingüiística do CEIP de Figueiroa, para participar no concurso do CORRELINGUA.
Así é como queremos manifestar que
Así é como queremos manifestar que
A LINGUA NON PARA
Etiquetas:
Correlingua,
Equipo Dinamización Lingüística
martes, 17 de abril de 2018
A MÚSICA NA MIÑA VIDA: Jenny rapeando
Parecía que toda a vida estivera rapeando. Jenny agardou nerviosa a que chegara o momento e case sen dar as 12, cando Lara a presentou, empezou co seu rap. Fíxose un silencio total que desapareceu ao rematar e estoupar nunha grande ovación.
mércores, 11 de abril de 2018
A MÚSICA NA MIÑA VIDA: As 5 Fantásticas
Este grupo de 5 nenas de 4º B de primaria do CEIP de Figueiroa ofreceron
unha exhibición de ACROSPORT.
Aínda sendo só a segunda actuación, a acollida do público foi moi boa.
Parabens Fantásticas!!!!

martes, 10 de abril de 2018
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Gabriel PANDERETEIRO
Co inicio do 3º trimestre arrinca o recanto da
MÚSICA NA MIÑA VIDA
Durante os recreos dos luns e martes poderemos comprobar que presenza ten a música nas nosas vidas. Calquera persoa interesada pode amosar "como vive a música". Poden ser actuacións individuais ou de grupo, con instrumentos ou con música gravada....
Para pdoer participar tan só hai que decidilo e publicitarse. A Biblio de Carola facilita o modelo de cartel que haberá que cubrir para que todo o colexio saiba das actuacións previstas. Asimesmo colocaráse un pequeno cartaz no calendario que está ubicado no corredor da secretaría.
Cando están feitos os cartaces e escollido o día da actuación, tan só queda agardar a ter tan boa acollida como a persoa que inaugurou o noso recanto:
GABRIEL de 4º B amosou a súa destreza coa pandeireta. As súas compañeiras e compañeiros acompañárono con moito entusiasmo durante toda a actuación.
Se non o credes, aquí poderédelo comprobar...

RADIO CAROLA con RADIO NA BIBLIO. Obradoiros de formación
Durante o mes de marzo deron comezo os obradoiros de formación para poder poñer en marcha a nosa
RADIO CAROLA

Todo iso é posible, grazas a que o noso centro doi un dos 20 selecionados para participar no proxecto RADIO NA BIBLIO.
Os primeiros en ter formación foron as mestras e mestres. Dende A ESTRADA DIXITAL, achegáronse ao noso centro para aprendérmonos como traballar con IVOOX, a plataforma que acollerá os nosos programas de radio.
Xusto antes de rematar o 2º trimestre, recibimos a visita de Xerardo e Damián, que en nome de PONTE NAS ONDAS realizaron un obradoiro para as nenas e os nenos de 5º de primaria.
Estes grupos XA son conscentes do privilexio que tiveron de poder contar eles con esa formación. Privilexio que deberá ir acompañado dunha responsabilidade: axudar a formar e animar a todas aquelas persoas que queiran participar no proxecto de RADIO CAROLA.
Aquí quedan un resumo dos dous obradoiros e unha escolma de imaxes...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)