martes, 10 de abril de 2018

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Gabriel PANDERETEIRO

Co inicio do 3º trimestre arrinca o recanto da

MÚSICA NA MIÑA VIDA

Durante os recreos dos luns e martes poderemos comprobar que presenza ten a música nas nosas vidas. Calquera persoa interesada pode amosar "como vive a música". Poden ser actuacións individuais ou de grupo, con instrumentos ou con música gravada....


Para pdoer participar tan só hai que decidilo e publicitarse. A Biblio de Carola facilita o modelo de cartel que haberá que cubrir para que todo o colexio saiba das actuacións previstas. Asimesmo colocaráse un pequeno cartaz no calendario que está ubicado no corredor da secretaría.

Cando están feitos os cartaces e escollido o día da actuación, tan só queda agardar a ter tan boa acollida como a persoa que inaugurou o noso recanto:

GABRIEL de 4º B amosou a súa destreza coa pandeireta. As súas compañeiras e compañeiros acompañárono con moito entusiasmo durante toda a actuación.


Se non o credes, aquí poderédelo comprobar...


Ningún comentario:

Publicar un comentario