martes, 30 de abril de 2024

QUEREN SABER: Que son os Xogos Paralímpicos? en 4º B de Infantil

 


Captura do holograma creado con parte do vídeo que dá resposta á actividade "Carola e Lingüereta queren saber", Que son os Xogos Paralímpicos?, no que se pode ver ao alumnado interactuando cunha pelota de Goalballl, único deporte paralímpico creado espacificamente para persoas cegas e con discapacidade visual.


EXPERIMENTANDO COS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

O PDI deste curso, Figueirolimpíadas, xunto coa nosa participación nos Contratos Programa CP Inclúe e CP Innova, deron lugar a unha oferta variada de propostas enmarcadas no enfoque STEAM, enfoque pedagóxico que se centra nunha aprendizaxe práctica e experimental, animando ao alumnado a xogar, explorar, experimentar, crear e aprender facendo, vinculadas co Espazo CreaTIvo da nosa Biblio de Carola, entre as que cabe destacar esta: alumnado de infantil e primaria empregou a máquina de corte para elaborar postais de Nadal e medallas olímpicas coas que agasallar ás súas familias, creando circuítos eléctricos sinxelos con fío condutor, batería e luz led para dar luz aos mesmos.






QUEREN SABER: Cales son os deportes olímpicos máis modernos? en 1º C de primaria

 

QUEREN SABER: Por que se chaman Olimpíadas? en 5º B de Infantil

 


venres, 26 de abril de 2024

XOGOS TRADICIONAIS no patio

No noso centro, nas horas de recreo, o deporte rei continúa a ser, sen lugar a dúbidas, o fútbol, condicionando, en gran medida, as interaccións neste tempo de lecer entre o noso alumnado. O curso pasado quedaron claramente delimitados os espazos de xogo, evitando que todo o patio seguise funcionando como un gran estadio, e acordouse establecer un día sen fútbol, posibilitando que todo aquel/a que desexase xogar a outros deportes, como por exemplo o baloncesto, contase cun campo libre onde poder facelo. Observamos que son os nenos, de maneira maioritaria, os que xogan a este tipo de deportes, ocupando as nenas un papel totalmente secundario. 

Esa é unha das razóns que nos impulsa a habilitar un día á semana o patio central (no que non hai fútbol ningún día) para promocionar diferentes xogos tradicionais orientados tanto a nenos como a nenas, creando, así, un espazo libre da fenda de xénero: corda, construción con elementos naturais, goma, mariola.... 

Dirixiremos os nosos esforzos a conseguir que dito espazo acabe sendo xestionado polo propio alumnado.

 


Como estaba previsto, realizáronse sesións de xogos tradicionais no patio do cole.

Nas seguintes fotos podemos ver xogando ao alumnado de 3º de primaria:










Tamén xogaron con xoguetes tradicionais, coma os carozos ou "ás casiñas".









E cando o tempo non acompaña, sempre está o pavillón:









martes, 23 de abril de 2024

CELEBRANDO O LIBRO: día, semana, mes...

Para celebrar o mes do libro no noso proxecto figuraban varias propostas, pero ningunha tan prometedora como esta actividade feita polo alumnado de 3º de primaria:


LECTURA NO PATIO


Contar co patio como un espazo da Biblio de Carola é unha ansia case tan vella como a propia Biblio. Estas nenas e nenos de 3º fixeron o que tanto anhelabamos e por que non? ao mellor abriron unha porta pola que poderemos pasar todas en breve.









Moitas grazas compañeir@s!

xoves, 11 de abril de 2024

O voluntariado e os club de lectura tamén celebran!

Non vai ser todo traballo...

Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer a adicación das persoas que forman parte do VOLUNTARIADO da biblio e/ou dos diferentes CLUBs DE LECTURA

Por esa razón despedimos o 2º trimestre cunha chocolatada na biblio.