A importancia de non apresurarse á hora de facer valoracións e xuízos poderá darnos unha visión da realidade moito mellor e máis exacta.
En voz de Sonia quedades con
"SETE RATIÑOS CEGOS" de Ed Young
Lembrade que acompaña o texto, por se alguén se anima a ler, antes, durante ou despois da escoita.
SETE
RATIÑOS CEGOS de Ed Young
Un
día sete ratiños cegos atoparon algo moi raro á porta da súa
cova. Como non vían non sabían o que era e decidiron investigar.
O
luns Ratiño Vermello foi pescudar. Era o primeiro que unha resposta
quería atopar.
-É
unha columna. Non hai dúbidas. -. Pero ninguén o creu.
O
martes Ratiño Verde foi pescudar. Era o segundo e unha resposta
quería atopar.