SACAPENAS de Thomas BrowNe
Coma de costume, escoitemos con atención o conto e se queremos, podemos ir lendo no texto de abaixo.
SACAPENAS DE ANTHONY BROWNE
Bieito sempre estaba preocupado.
Bieito preocupábase por moitas cousas…
Preocupábase polos sombreiros,
E preocupábase polos zapatos.
E a chuvia,
E os paxaros xigantes.
O seu pai trataba de axudalo.
“Non te preocupes, meu fillo. Non vai pasar nada. Todo iso
son cousas da túa imaxinación”.
Tamén a nai quería axudalo.
“Non te preocupes, meu rei. Nós nunca deixaremos que te
fagan daño.”
Pero Bieito seguía preocupándose.
O que máis lle preocupaba era quedr a durmir noutra casa.
Unha noite que quedara na casa da avoa, non podía durmir.
Estaba demasiado preocupado. Aínda que se sentía un pouco parvo, Bieito
ergueuse e foillo contar á súa avoa.
“Sabes unha cousa, neniño?”, díxolle a avoa.
“Cando eu tiña a túa idade, tamén andaba sempre
preocupada. Pero agarda, teño xusto o que ti necesitas.”
A avoa entrou no seu cuarto e saíu con algo na man.
“Mira, estes bonequiños son os Sacapenas”, explicoulle.
“Só tes que lle contar unha pena a cada un e metelos debaixo da almofada. Eles
gardarán as túas preocupacións mentres ti dormes.”
Bieito contoulles todas as súas preocupación saos
Sacapenas e durmiu coma unha pedra.
Á mañá seguinte Bieito marchou á súa casa. Aquela noite
volveulles contar as súas preocupación saos Sacapenas, e durmiu coma un leirón.
Á noite seguinte Bieito durmiu moi ben, e tamén á outra.
Pero despois volvéronlle as preocupaci´ns.
Non podía deixar de pensar nos Sacapenas. Non lle parecía
xusto que eles quedasen con todas as súas preocupacións!
Á mañá seguinte tivo unha idea. Pasou o día enteiro
traballando na mesa da cociña.
Como era un traballo difícil cometeu unha morea de erros
e tivo que volver empezar moitas veces.
Pero ao final, Bieito fixera algo moi especial….
Fixera bonecos Sacapenas para os seus Sacapenas!
Aquela noite todos durmiron ben: Bieito e os Sacapenas.
Dende aquela Bieito non volveu preocuparse por nada.
E colorín colorado este conto está rematado.
Se queres ti tamén podes construír un boneco Sacapenas.
Un bico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario