Agora toca pechar os ollos e deixarnos ir cos contos gravados por eles nas súas casas.
Se alguén quere pode acompañar a escoita coa lectura...
Imaxe de Kalandraka |
O primeiro en chegar é o conto de ROBERTO .
Trátase do conto "Rato Moi Alto e Rato Moi Baixo" do libro "Contos de ratiños" de Arnold Lobel.
RATO MOI ALTO E RATO MOI BAIXO
Había unha vez un rato moi alto e un rato moi baixo que
eran grandes amigos. Cando se atopaban Rato moi alto dicía:
-Ola, Rato moi baixo!
E Rato moi baixo dicía:
-Ola Rato moi alto!
Os dous amigos ían pasear xuntos moitas veces.
-Ola paxaros!
E Rato moi baixo dicía:
-Ola formigas.!
Cando pasaban por un xardín, Rato moi alto dicía:
-Ola flores!
E Rato moi baixo dicía:
-Ola raíces!
Cando paseaban por diante dunha casa, Rato moi alto
dicía:
-Ola tellado!
E Rato moi baixo dicía:
-Ola soto.
Un día colleunos unha treboada.
Rato moi alto dixo:
-Ola pingas de chuvia!
E Rato moi baixo dixo:
-Ola, pozas!
Correron ata a casa para abrigarse.
-Ola teito! -dixo Rato moi alto.
-Ola chan! – dixo Rato moi baixo.
Pronto pasou a treboada. Os dous amigos foron ata a
ventá.
Rato moi alto upou a Rato moi baixo para que puidese ver.
-Ola arco da vella! Dixeron os dous xuntos.
E seguiron sendo amigos toda a vida.
E colorín, colorado. Conto rematado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario