"GRÚFALO" de Julia Donaldson e Axel Scheffler
É un bó xeito de demostrar que a intelixencia está por riba da forza e que o tamaño non sempre é tan importante.
Despois de escoitar o conto, poderemos seguir disfrutando do GRÚFALO se picas AQUÍ.
O GRÚFALO
Pola fonda e escura fraga paseaba un
rato.
Pensou un raposo: -Que bo bocado!
-Onde vas, ratiño, meu querido amigo?
Ven ao meu tobo e come comigo.
Vou comer co grúfalo nesta ocasión.
-Un grúfalo? E iso que é?
-Un grúfalo! Non oíu nunca falar del?
-Ten arrepiantes cairos,
E arrepiantes garras
E dentes arrepiantes na arrepiante
queixada.
-E onde dis que quedaches con el?
-Aquí no camiño ao arón destas
pedras...,
E o seu xantar preferido é raposo á
grella.
-Raposo á grella? Ai! -dixo o raposo.
-Adeus meu ratiño! E fuxiu presuroso.
-Este raposo é un paspán!
E non saberá que a historia do grúfalo a
acabo de inventar?
Pero a este ratiño hai máis
bechos que o queren comer. Son Pablo e vouvos dicir como sigue o conto.
Pola
fonda e escura fraga seguiu o rato.
Pensou
un moucho: -Que bo bocado!
-Onde
vas, ratiño, meu querido amigo?
Ven ao
meu niño e merenda comigo.
-Moi amable,
moucho, mais coido que non.
Vou merendar
co grúfalo nesta ocasión.
-Un
grúfalo? E iso que é?
-Un
grúfalo! Non oíu nunca falar del?
-Ten xeonllos
broullentos,
E reviradas
unllas
E no
cabo do fociño unha horrenda espulla.
-E onde
dis que quedaches con el?
-Aquí á
beiriña deste regueiro...,
E o seu
xantar preferido é moucho ao caldeiro.
-Moucho
ao caldeiro? U-uuh! Debo marchar!
-Adeus
meu ratiño! E botouse a voar.
-Este
raposo é un paspán!
E non
saberá que a historia do grúfalo a acabo de inventar?
Pero o conto non rematou. Así
que eu son Noa Otero e seguirei coa historia do Grúfalo. Atentos, atentos! Que
outro animal quere ao ratiño papar.
Pola
fonda e escura fraga seguiu o rato.
Pensou
unha serpe: -Que bo bocado!
-Onde
vas, ratiño, meu querido amigo?
Ven ao
meu niño de leña a darte unha enchente
comigo.
-Moi
xentil, serpe, mais coido que non.
Voume
dar unha enchente cun grúfalo nesta ocasión.
-Un
grúfalo? E iso que é?
-Un
grúfalo! Non oíu nunca falar del?
-Os
seus ollos son roxos,
A súa
lingua é negra coma o carbón
E ten
espiñas moradas no lombo, que mesmo parece un dragón.
-E onde
dis que quedaches con el?
-Xusto
aquñi, por esta lagoa...,
E a súa
comida favorita é revolto de serpe con pan de boroa.
-Revolto
de serpe con pan de boroa? Hai que irse escondendo.
-Adeus
meu ratiño! E marchou correndo.
-Esta
serpe é unha paspana!
E non
saberá que a historia do grúfalo é inventad...AAAhhhhh
E no máis emocionante o conto
non vai quedar. Chámome Mauro e o conto sigue así..
-Quen é
esa criatura con arrepiantes garras e dentes arrepiantes na arrepiante
queixada?
Ten
xeonllos broullentos e reviradas unllas e no cabo do fociño unha horrenda
espulla.
Os seus
ollos son roxos, a lingua é negra coma o carbón e ten espiñas no lombo, que
mesmo parece un dragón?
Ai,
mimá!!! Ai, que alguén me atenda!!! Que este grúfalo anda buscando merenda.
-O meu
xantar preferido! -o grúfalo berrou.
Nunha
rebanda de pan has estar ben bo!
-Bo?
-dixo o rato-. Non me chame bo polo de agora!
Nesta
fonda e escura fraga son a criatura máis estarrecedora.
Camiñe
tras miña e verá:
Só ao
mirarme, todos fuxirán.
-Ai si?
– dixo o grúfalo, esmedrellándose de risa.
-Ti vai
diante, que eu che sigo a pista.
Andaron
e andaron, e o grúfalo dixo:
-Alí
nesa herba escoito un asubío.
-É a
serpe -dixo o rato-.Ola como lle vai?
A serpe
viu o grúfalo e berrou: -Ai miña nai!
-
Adeus , ratiño –
dixo e foise axiña.
E polo medio da leña escorregou lixeiriña.
-Viu? -dixo o rato-.Fuxiu ao verme diante.
E o grúfalo dixo: -Isto é abraiante!
Pero a
historia continua así. Son Noel e vouna rematar.
Andaron máis, ata que o grúfalo dixo:
-Alí nesa árbore escoito un chío.
-É o moucho -dixo o rato-. Ola, como lle vai?
O moucho viu o grúfalo e berrou: -Ai, miña nai!
_U-UUUUUUHh – dixo- Adeus ratiño!
E voou cara ao alto ata o seu niño.
-Viu? -dixo o ratiño-. Eu xa llo dixen.
E o grúfalo dixo: -Isto é incrible!
Andaron máis, ata que o grúfalo dixo:
-Alí escoito pisadas no camiño.
-É o raposo-dixo o rato-. Ola, como lle vai?
O moucho viu o grúfalo e berrou: -Ai, miña nai!
_Adeus ratiño– dixo asustado.
E correu dereitiño ao seu furado.
O ratiño falou: -Grúfalo, ben pode ver
Que ao mirarme todos botan a correr
Mais a miña barriguiña roxe como sete leoas
E o meu xantar favorito é.... GRÚFALO CON FILLOAS!
-Grúfalo con filloas! -O Grúfalo murmurou,
E rápido coma o vento deu a volta e escapou.
Todo quedou quedo na fraga escura e fonda.
O ratiño atopou unha noz e a noz estaba boa.
E sorrindo meteuna na boca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario