Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións

sábado, 28 de decembro de 2024

Certame de Teatro Escolar "Olimpio Arca": o noso PDI a escea

 Carmen Sánchez, a nosa flamante mestra, escritora e compañeira creou unha obra deliciosa para representar no certame de Teatro Escolar que leva o nome do que foi durante tantos anos director do noso cole: OLimpio Arca Caldas.

As fontes das que bebeu Carmen veñen dun traballo no que contamos coa colaboración das familias do noso centro: CANDO BAILAR ERA COSTUME.

A partir dun breve cuestionario que se enviou ás casas puidemos saber dos hábitos de lecer das nosas familias dende os anos 50 noque a bailar se refire.


As nosas familias responderon moi xenerosamente e cumprimos un ano máis ese obxectivo de contar cos avós e avoas para que non informen. As fichas que viñeron de volta foron moitas e aportaron información moi novedosa, soubemos da existencia de moitos salóns de baile en moitas das 51 parroquias do noso concello. Cunha soa proposta cubrimos dúas das nosas liñas centrais dos PDI: TOPONIMIA e INTEXENERACIONAL.

Pero ademais puidemos ir vendo como evolucionaron os hábitos de lecer e os puntos de encontro para bailar ao longo do tempo.
Carmen soubo recoller todos eses datos e darlle forma para engaiolarnos, unha vez máis, coas súas historias. E tratándose de baile, hai que agradecer moito á profe Rebeca que integrou perfectamente as coreografías exactas para facer deste espectáculo un momento único e propio.

Aquí queda a gravación recollida pola AC Vagalumes, entidade promotora do certame



Aquí deixamos os resultados ordeados por décadas. Non son os totais, porque aínda estamos a recibir cuestionarios.

Ata 1950


Anos 60

Anos 70


Anos 80


Anos 90


S XXI


Aquí deixamos a ligazón para ver todas as actuacións representadas no Certame


xoves, 7 de xuño de 2018

MOSTRA DE TEATRO "Olimpio Arca Caldas"



Por un despiste imperdonable non fixemos entrada no blog deste evento no seu momento. Antes de que remate o curso queremos correxer este erro.



Na II Mostra de Teatro "Olimpio Arca Caldas" organizada pola A.C. Vagalumes, o noso cole tivo unha colaboración moi especial, artellada dende o Equipo de Dinamización Lingüística, onde Carmen e Lingüereta traballan arreo. A Biblio de Carola colaborou encantada con esa iniciativa e non podemos deixar escapar este curso sen darlle a difusión que se merece.









Aquí queda o vídeo realizado pola A.C. Vagalumes sobre a intervención do CEIP de Figueiroa



Unha mostra de momentos da nosa intervención:








O fío condutor desta montaxe foi unha imaxe tan evocadora coma esta: