Carmen Sánchez, a nosa flamante mestra, escritora e compañeira creou unha obra deliciosa para representar no certame de Teatro Escolar que leva o nome do que foi durante tantos anos director do noso cole: OLimpio Arca Caldas.
As fontes das que bebeu Carmen veñen dun traballo no que contamos coa colaboración das familias do noso centro: CANDO BAILAR ERA COSTUME.
A partir dun breve cuestionario que se enviou ás casas puidemos saber dos hábitos de lecer das nosas familias dende os anos 50 noque a bailar se refire.
As nosas familias responderon moi xenerosamente e cumprimos un ano máis ese obxectivo de contar cos avós e avoas para que non informen. As fichas que viñeron de volta foron moitas e aportaron información moi novedosa, soubemos da existencia de moitos salóns de baile en moitas das 51 parroquias do noso concello. Cunha soa proposta cubrimos dúas das nosas liñas centrais dos PDI: TOPONIMIA e INTEXENERACIONAL.
Pero ademais puidemos ir vendo como evolucionaron os hábitos de lecer e os puntos de encontro para bailar ao longo do tempo.
Carmen soubo recoller todos eses datos e darlle forma para engaiolarnos, unha vez máis, coas súas historias. E tratándose de baile, hai que agradecer moito á profe Rebeca que integrou perfectamente as coreografías exactas para facer deste espectáculo un momento único e propio.
Aquí queda a gravación recollida pola AC Vagalumes, entidade promotora do certame
Aquí deixamos os resultados ordeados por décadas. Non son os totais, porque aínda estamos a recibir cuestionarios.
Ata 1950 |
Anos 60 |
Anos 70 |
Anos 80 |
Anos 90 |
S XXI |
Aquí deixamos a ligazón para ver todas as actuacións representadas no Certame
Ningún comentario:
Publicar un comentario