Carmen Sánchez, a nosa flamante mestra, escritora e compañeira creou unha obra deliciosa para representar no certame de Teatro Escolar que leva o nome do que foi durante tantos anos director do noso cole: OLimpio Arca Caldas.
As fontes das que bebeu Carmen veñen dun traballo no que contamos coa colaboración das familias do noso centro: CANDO BAILAR ERA COSTUME.
A partir dun breve cuestionario que se enviou ás casas puidemos saber dos hábitos de lecer das nosas familias dende os anos 50 noque a bailar se refire.
As nosas familias responderon moi xenerosamente e cumprimos un ano máis ese obxectivo de contar cos avós e avoas para que non informen. As fichas que viñeron de volta foron moitas e aportaron información moi novedosa, soubemos da existencia de moitos salóns de baile en moitas das 51 parroquias do noso concello. Cunha soa proposta cubrimos dúas das nosas liñas centrais dos PDI: TOPONIMIA e INTEXENERACIONAL.
Pero ademais puidemos ir vendo como evolucionaron os hábitos de lecer e os puntos de encontro para bailar ao longo do tempo.
Carmen soubo recoller todos eses datos e darlle forma para engaiolarnos, unha vez máis, coas súas historias. E tratándose de baile, hai que agradecer moito á profe Rebeca que integrou perfectamente as coreografías exactas para facer deste espectáculo un momento único e propio.
Aquí queda a gravación recollida pola AC Vagalumes, entidade promotora do certame
Aquí deixamos os resultados ordeados por décadas. Non son os totais, porque aínda estamos a recibir cuestionarios.
Ata 1950
Anos 60
Anos 70
Anos 80
Anos 90
S XXI
Aquí deixamos a ligazón para ver todas as actuacións representadas no Certame
Unha vez máis as biblios PLAMBE dos coles de infantil e primaria da Estrada
CEIP Cabada Vázquez
CEIP de Figueiroa
CEIP do Foxo
CEIP Pérez Viondi
CEIP Villar Paramá
xuntámonos para facer as nosas recomendacións lectoras para ter posibilidades de escolla de lecturas no Nadal. Coma sempre son lecturas EN GALEGO.
Propoñemos as nosas librarías locais se queremos telos para sempre, pero tamén se poden ler nas biblios virtuais como E-LBE.2, proxecto de lectura dixital do que forma parte o CEIP de Figueiroa ou GaliciaLe. Ademais a Biblio de Carola poñerá en servizo de préstamo todos os libros recomendados.
Os documentos elaborados polo noso cole, como non podía ser doutro xeito, están ambientados na temática do PDI deste curso: ESCOLA DE BAILE.
Cartel feito para ser distribuído nas librarías locais
Cando o Consello de Redacción do Xornal está pluriempleado (forman parte do elenco de actores e actrices que dirixe a profe Carmen Sánchez para participar no Certame de Teatro Escolar "Olimpio Arca", ensaian para o Festival de Nadal...) facer un número do xornal mensual faise moi difícil.
Esa é a razón pola que rematamos o 1º trimestre cun único número para os meses de novembro e decembro, aínda que co dobre de páxinas do inicialmente programado.