Cando remata o curso 18/19, tamén remata o tempo de colaboración de moitas nenas e nenos na nosa Biblio. Son a xentiña de 6º que vai emprender novos roteiros e novas aventuras.
Foi un grupo moi numeroso, con participación de 5º e 6º como é habitual, pero xa houbo alguén de 4º que, por insistentes, conseguiron formar parte do noso voluntariado.
Non todas e todos estiveron todo o tempo e non coa mesma forza, pero queremos agradecer a cada unha destas persoas a sñua adicación e responsabilidade. Souberon formar parte dun equipo e traballar de xeito conxunto. O gran éxito que supón a biblio nos recreos, non sería tal sen a súa colaboración.
Pero dun xeito moi especial queremos agradecer a voluntarios e voluntarias que estiveron dende o inicio, mantendo a súa forza e ánimo e contaxiando a todos.
MOITAS GRAZAS, DE CORAZÓN!
xoves, 27 de xuño de 2019
mércores, 26 de xuño de 2019
Radio Carola. POR FIN!!!!
Levamos coa radio a voltas todo este curso e parte do anterior. Prácticamento todas e todos pasamos polo espazo físico de RADIO CAROLA. Pero houbo que agardar ata ter rematado o curso para contar por fin, co espazo dixital da nosa radio.
Se picades na imaxe de Radio Carola que está situada na columna da dereita neste blog, poderedes achegarvos a case todos os audios creados.
Están agrupados según a temática que abordan, no que denominamos PROGRAMAS. Polo momento estes son:
MOITO CONTO. Relatos, poesía, contos, historias que nos gustan e queremos compartir...
Aquí poderemos atopar as gravacións de:
ENTREVISTAS. Espazo adicado a coñecer máis polo miúdo aquelas persoas interesantes que pasan polo noso cole ou que están relacionadas co que a nós nos interesa.
CONSELLOS. Consellos e publicidade. Tratanse diversas temáticas: promoción de hábitos saudables, difusión de actividades...
O QUE ACONTECE... (novas). De todo o que pase no CEIP de Figueiroa, irase dando conta neste espazo. Novas relacionadas con Carola, Lingüereta, extraescolares, deporte,...
MÚSICA, cancións. Música e músicas que nos inspiran, coas que traballamos e disfrutamos.

- "DÍA DE ROSALÍA". Poema de Rosalía de Castro gravado por alumnado de Infantil
- "A LONGA VIAXE". Adaptación e versión do conto do mesmo título editado por Kalandraka
- "POEMAR O MAR" obra de García Teijeiro, de onde as nenas e os nenos de 2º B de primaria prepararon e recitaron 2 poemas.
- "O MAR" de Manuel María, é un audio creado pola clase de 1º B de primaria
- CONTOS CLÁSICOS EN VERSO. Son unha serie de contos clásicos rimados, creados por Fernando González Graña, que moi amablemente prestou á clase de 2º B de primaria para compartir con todos nós.
ENTREVISTAS. Espazo adicado a coñecer máis polo miúdo aquelas persoas interesantes que pasan polo noso cole ou que están relacionadas co que a nós nos interesa.
- CRIS DE CALDAS. Aproveitamos unha nova visita de Cris de Caldas para unha contada máis "especial", a que daba resposta ás preguntas de 1º A de primaria na nosa Radio Carola.
- SUSANA ARÍNS. Despois de agasallarnos cun libro con poemas inéditos e facernos a tod@s facedores/as de poesía, Susana pasou pola radio para responder ás preguntas formuladas por alumnado de 5ºB de primaria.
CONSELLOS. Consellos e publicidade. Tratanse diversas temáticas: promoción de hábitos saudables, difusión de actividades...
- XANTAR E RIMAR de 2ºA de primaria
- CONSUMO DE FROITAS de 2ºB de primaria
- ALIMÉNTATE BEN polos profes.
O QUE ACONTECE... (novas). De todo o que pase no CEIP de Figueiroa, irase dando conta neste espazo. Novas relacionadas con Carola, Lingüereta, extraescolares, deporte,...
- OFICIOS DO MAR. Información ofrecida polos profes que participan no PFPP "Radio na escola".
MÚSICA, cancións. Música e músicas que nos inspiran, coas que traballamos e disfrutamos.
- PEIXES, MOLUSCOS E CRUSTÁCEOS de Mamá Cabra, recitado por 4ºB e 5ºB de Infantil
luns, 24 de xuño de 2019
DESPEDIDA DE 6º B de primaria. Unha roladiña que marcha....
Vídeo que relata o paso do tempo no grupo de
nenas e nenos que formaron a clase B
dende 2011...
Unha roladiña ben xeitosa!!
luns, 17 de xuño de 2019
NO VERÁN, MERGÚLLATE NOS CONTOS!!
Xa están aí as vacacións, e para non perder o rumbo, todas as biblios dos centros PLAMBE da Estrada pensamos e pensamos para que poidades desfrutar o máximo posible do voso tempo de lecer.
E para iso, aquí quedan as escollas que fixemos de libros. Aínda que se presentan por nivel lector, xa todos sabemos que non idade para ler, e calquera das opcións de seguro que nos farán pasar moi bos momentos.
Na Biblio de Carola poderemos atopar eses libros a partir de setembro!!

Etiquetas:
Biblios da Estrada,
guía de lecturas,
PLAMBE
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)