Cando remata o curso 18/19, tamén remata o tempo de colaboración de moitas nenas e nenos na nosa Biblio. Son a xentiña de 6º que vai emprender novos roteiros e novas aventuras.
Foi un grupo moi numeroso, con participación de 5º e 6º como é habitual, pero xa houbo alguén de 4º que, por insistentes, conseguiron formar parte do noso voluntariado.
Non todas e todos estiveron todo o tempo e non coa mesma forza, pero queremos agradecer a cada unha destas persoas a sñua adicación e responsabilidade. Souberon formar parte dun equipo e traballar de xeito conxunto. O gran éxito que supón a biblio nos recreos, non sería tal sen a súa colaboración.
Pero dun xeito moi especial queremos agradecer a voluntarios e voluntarias que estiveron dende o inicio, mantendo a súa forza e ánimo e contaxiando a todos.
MOITAS GRAZAS, DE CORAZÓN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario