Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de abril de 2024

XOGOS TRADICIONAIS no patio

No noso centro, nas horas de recreo, o deporte rei continúa a ser, sen lugar a dúbidas, o fútbol, condicionando, en gran medida, as interaccións neste tempo de lecer entre o noso alumnado. O curso pasado quedaron claramente delimitados os espazos de xogo, evitando que todo o patio seguise funcionando como un gran estadio, e acordouse establecer un día sen fútbol, posibilitando que todo aquel/a que desexase xogar a outros deportes, como por exemplo o baloncesto, contase cun campo libre onde poder facelo. Observamos que son os nenos, de maneira maioritaria, os que xogan a este tipo de deportes, ocupando as nenas un papel totalmente secundario. 

Esa é unha das razóns que nos impulsa a habilitar un día á semana o patio central (no que non hai fútbol ningún día) para promocionar diferentes xogos tradicionais orientados tanto a nenos como a nenas, creando, así, un espazo libre da fenda de xénero: corda, construción con elementos naturais, goma, mariola.... 

Dirixiremos os nosos esforzos a conseguir que dito espazo acabe sendo xestionado polo propio alumnado.

 


Como estaba previsto, realizáronse sesións de xogos tradicionais no patio do cole.

Nas seguintes fotos podemos ver xogando ao alumnado de 3º de primaria:










Tamén xogaron con xoguetes tradicionais, coma os carozos ou "ás casiñas".









E cando o tempo non acompaña, sempre está o pavillón:









luns, 19 de febreiro de 2024

CANDO TODAS PODEMOS XOGAR...

O patio constitúe un dos momentos favoritos dos nosos cativos e cativas, ademais dun elemento clave no seu desenvolvemento físico, social e intelectual. Debe tratarse, por isto, e tal e como xa indicamos, dun espazo dinámico e inclusivo, con múltiples e variadas ofertas de xogo, buscando que, no noso centro, continúen tendo cabida todos os xeitos de divertirse, comunicarse e socializar nos diferentes momentos que constitúen a xornada escolar. Retomarase, con este fin, a iniciativa resultante do PFPP do curso 21-22, Unha escola para todos. Deste modo, a proposta alternativa ao xogo libre estará acompañada de instrucións adaptadas aos diferentes sistemas de comunicación presentes na nosa escola, co fin de que estas sexan comprendidas e interiorizadas pola totalidade do noso alumnado. Nesta mesma liña, coidarase a sinaléctica dos diferentes espazos de lecer dos nosos patios para atender ás necesidades estructurais e comunicativas da totalidade do noso alumnado.