luns, 19 de febreiro de 2024

CANDO TODAS PODEMOS XOGAR...

O patio constitúe un dos momentos favoritos dos nosos cativos e cativas, ademais dun elemento clave no seu desenvolvemento físico, social e intelectual. Debe tratarse, por isto, e tal e como xa indicamos, dun espazo dinámico e inclusivo, con múltiples e variadas ofertas de xogo, buscando que, no noso centro, continúen tendo cabida todos os xeitos de divertirse, comunicarse e socializar nos diferentes momentos que constitúen a xornada escolar. Retomarase, con este fin, a iniciativa resultante do PFPP do curso 21-22, Unha escola para todos. Deste modo, a proposta alternativa ao xogo libre estará acompañada de instrucións adaptadas aos diferentes sistemas de comunicación presentes na nosa escola, co fin de que estas sexan comprendidas e interiorizadas pola totalidade do noso alumnado. Nesta mesma liña, coidarase a sinaléctica dos diferentes espazos de lecer dos nosos patios para atender ás necesidades estructurais e comunicativas da totalidade do noso alumnado.









Ningún comentario:

Publicar un comentario