Amosando publicacións coa etiqueta programación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta programación. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de xuño de 2025

CREANDO, CREANDO en 6º B de PRIMARIA

 As nenas e nenos de 6º B de primaria están feitos uns facedores.

A medida que vaian chegando as súas producións iremos compartíndoas nesta entrada. Traballaron moito e moi ben en dúas áreas similares pero diferentes:


PROGRAMACIÓN con SCRATCH

ANIMACIÓN DIXITAL




Daniel Rey Riveira


sábado, 10 de maio de 2025

FORMACIÓN NA BIBLIO: Alumnado de 4º ensina a alumnado de 3º

 Cumprindo co acordado o alumnado de 4º adicou varias sesións con alumnado de 3º para compartir o que aprenderan na formación de BIBLIOTECA CREATIVA.

Repartíronse en mesas e cada persoa de 3º estaba acompañada de dúas de 4º, unha ratio fantástica.

Hai que decir, que dende o mes de xaneiro que recibiron a formación de Elena e Almu, os ordenadores da biblio estiveron moitos recreos ocupados co Scratch, sendo capaces de contaxiar a programación a outro alumnado que alí estaba.







xoves, 30 de xaneiro de 2025

OBRADOIRO DE FORMACIÓN para 4º de primaria

 De novo recibimos no cole a Almu e Elena para aprender máis sobre ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN.

Como ven sendo costume a actividade está dirixida ao alumnado de 4º, por dúas razóns: pala súa idade e pollos 2 anos que aínda van pasar no cole e así poder compartir as súas aprendizaxes con outros grupos.

Facer os agrupamentos foi moi interesante, porque as 3 clases de 4º convertéronse en dous grupos. Así que en cada clase había alumnado que ía participar nos 2 obradoiros.

O seguinte paso neste proceso de aprendizaxe será compartir cos compañeiros de clase o que aprenderon na súa quenda con Almu e Elena.


Na 1ª quenda alumnado das 3 aulas traballaron programando os robots.


Na 2ª quenda traballaron con Scratch.





Almu e Elena que eran coñecedoras da nosa proposta para o mes do libro ESCRATCHEANDO CO TEATRO, preparaon uns materiais moi útiles para traballar de xeito autónomo con Scratch e crear situacións teatrais.





Sempre é un pracer traballar con estas dúas MESTRAS, e unha vez máis as sesións foron ben produtivas.

Moitas grazas Almu e Elena.

sábado, 11 de maio de 2024

PAOLA GUIMERÁNS NO NOSO COLE!!

 SOMOS SORTUD@S!!



Paola Guimeráns visitou o noso cole para aprendernos sobre a programación. As clases afortunadas foron as de 4º de primaria.

Aprenderon a programar con Scrath no obradoiro que tivo lugar en cada clase.



Paola Guimeráns na clase de 4º A de primaria

Máxima concentración


Éxito!!! que contentos"

A consecuencia máis inmediata é que agora os ordenadores da biblio non están parados. Todos queren abrir Scratch, tanto os de 4º que "XA SABEN" como o resto que os ve e... que fantasticamente marabillosa é a envexa.