xoves, 10 de outubro de 2024

ESCOLA DE VOLUNTARIADO

 Coma todos os anos, o alumnado que acaba de estrear o 3º ciclo de primaria, agardan pola convocatoria dende a Biblio para formar parte do voluntariado.

Por esa razón, moitas nenas e nenos de 5º responden ao convite de Carola e deciden acudir a formación que se ofrece no mes de setembro.

Este ano hai moitas novidades, o voluntariado diversifícase e podemos falar de varios grupos de voluntarias e voluntarios. Seguirán atendendo os obradoiros durante os recreos, pero ademais, podemos adiantar como grandes novidades:

- Voluntariado de PATIO, cos que poderemos facer diferentes tipos de xogos ou aceptar as lecturas que nos ofrezan na Biblio de Patio.

- Voluntariado de XESTIÓN, para aprender e axudar nas tarefas cotiás que se realizan na biblio.

- Voluntariado de ANIMACIÓN Á LECTURA, onde as posibilidades de colaborar son varias: lecturas compartidas, escritura creativa, booktubers,...

- Voluntariado da EDITORIAL, para traballar na creación dun xornal, ou en podcast de radio, producións de vídeo, mantemento deste blog da biblio...


A formación vaise desenvolver do xeito que segue:



Nas sesións comúns falamos, debatimos e aprendemos sobre:

- que características debe ter a persoa voluntaria
- que documentos empregamos para planificar e avaliar o noso traballo
- o calendario que vai no CONTRATO que se vai asinar para formar parte do volumtariado
- o calendario de celebracións que nos pode axudar a escoller as semanas que imos traballar




No traballo especializado, para poder rentabilizar o pouco tempo que temos para esta formación, porque os recreos sempre son breves, presentamos nas mesas a información relacionada con cada ámbito para que vaian traballando por parellas ou pequenos grupos



      

   

mércores, 2 de outubro de 2024

QUEREN SABER: A actividade que propoñen Carola e Lingüereta para afondar no PDI

 Carola e Lingüereta teñen unha fame de saber insaciable!!

Elas sempre propoñen preguntas para iniciar o PDI de cada curso. Este ano as preguntas poderían englobarse en 3 tipos, según o ámbito que propoñen investigar.





En FOXTROT HISTÓRICO hai preguntas que fan referencia ao baile ao longo da historia. Chámase fostrot, porque as preguntas expóñense na entrada coas pisadas  dun paso deste baile.
  

DANZA XEOGRÁFICA IMPOSIBLE é danza porque semella un paso de baile, é xeográfica porque fai preguntas sobre distintos lugares do mundo, dende os cinco continentes ata a nosa terra, Galicia, e máis de preto, A Estrada. É imposible, porque non se pode facer....., ou si?


O VALS da MESTURA, ten un pouco de todo, son preguntas que non responden a un xénero concreto.


As clases escolleron a PREGUNTA na que queren traballar, e así quedou o reparto:





DICIONARIO. Unha actividade de investigación para crear unha enciclopedia temática

 As clases xa escolleron o dicionario sobre o que van traballar un aspecto concreto do baile.


Moito por investigar para aprender!!

martes, 1 de outubro de 2024

Comezamos coa actividade de TOPONIMIA e INTERXENERACIONAL

 Xa saíu para as casas das nosas familias, a primeira actividade sobre o PDI, onde traballamos en colaboración coas familias sobre os LUGARES.

Esta ano traballamos sobre o BAILE, e esa é unha actividade que acompaña á persoas ao longo da súa vida. Por iso queremos saber onde bailaban os nosos antepasados e os familiares que aínda viven.


Agaramos poder contar con moita información da que poder aprender como foi e como é o noso concello no seu lecer.