SILVIA de 6º B convídanos a unha voda moi especial:
CASAN A PULGA E MÁIS O PIOLLO!!!
Fáltalles case todo...,
pero non hai
cousa que poida co amor!!!
ou si?
MARRAMIAU!!
O
PIOLLO E A PULGA QUERÍAN CASAR
O
piollo e a pulga querían casar.
Non
tiñan panciño para “escomenzar”.
Saíu a
formiga do seu formigueiro:
–
“Mandaime”
recado que eu son panadeiro.
– ¡Ai,
miña vidiña, panciño xa temos!
E saíu
o lobo detrás dun outeiro:
–
“Mandaime”
recado que eu son carniceiro.
– ¡Ai,
miña vidiña, carniña xa temos!
Fáltannos
manteis. ¿Onde atoparemos?
E saíu
a araña da súa arañeira:
– Sígase
esa voda que eu son tecedeira.
-¡Ai,
miña vidiña, manteis xa temos!
Fáltanos
gaiteiro. ¿Onde o atoparemos?
E
saíu o grilo dende o seu “buxeiro”
– Por
iso non quede, que eu son o gaiteiro.
-¡Ai,
miña vidiña, gaiteiro xa temos!
Fáltanos
madriña. ¿Onde a atoparemos?
E saíu
a ra da poza veciña:
– Sígase
esa voda que eu son a madriña.
-¡Ai,
miña vidiña, madriña xa temos!
– Fáltanos
padriño. ¿Onde o atoparemos?
E saíu
o rato do seu buraquiño:
– Se
prenden o gato, eu serei padriño
No
medio da voda, con tanto ruído
espertou
o gato e comeu o padriño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario