xoves, 30 de abril de 2020

"Sete ratiños cegos" por SONIA

SONIA de 6º B trae unha historia tan bonita como útil.

A importancia de non apresurarse á hora de facer valoracións e xuízos poderá darnos unha visión da realidade moito mellor e máis exacta.

En voz de Sonia quedades con

"SETE RATIÑOS CEGOS" de Ed Young

Lembrade que acompaña o texto, por se alguén se anima a ler, antes, durante ou despois da escoita.






SETE RATIÑOS CEGOS de Ed Young

Un día sete ratiños cegos atoparon algo moi raro á porta da súa cova. Como non vían non sabían o que era e decidiron investigar.
O luns Ratiño Vermello foi pescudar. Era o primeiro que unha resposta quería atopar.
-É unha columna. Non hai dúbidas. -. Pero ninguén o creu.
O martes Ratiño Verde foi pescudar. Era o segundo e unha resposta quería atopar.
-É unha cobra. Non hai dubidas-. Pero ninguén o creu. 
Ler máis »

-Non – dixo ratiño Amarelo o mércores cando saíu a explorar- .Évos unha lanza!
Pero ninguén o creu.
Ratiño Morado saíu o xoves a indagar.
-Que dicides? É un enorme cantil. Menos mal que non me caín.
Ratiño Laranxa foi o quinto en saír. Era venres e ao pouco dixo así:
-É un abanico. Non hai dúbida. Sentín como se movía e facía aire.
Pero como crelo a el ?
Ratiño Azul saíu o sábado. El era o sexto. E tan pronto volveu dixo:
-É unha corda. Non sei como vos puidestes confundir?
Pero os outros non estaban de acordo e puxéronse a discutir:
_É unha columna.
-É unha cobra.
-É unha lanza.
-É un cantil.
-É un abano.
-É unha corda.
O domingo saíu Ratiño Branco. Atopou algo moi raro, moi raro. Subiu por un lado e baixou polo outro. Foi ata o cumio e baixou polo outro lado de aquilo tan raro, tan raro.
Ahhh! Agora o teño claro. Xa sei que é e todos tedes razón:
-É firme coma unha columna.
-É flexible coma unha cobra.
-É afiado coma unha lanza.
-É ancho cama un cantil.
-Produce vento coma un abano.
-E é forte coma unha corda.
Pero todo xunto isto tan raro, tan raro.... É un elefante!
E cando os outros ratiños fixeron o mesmo percorrido que Ratiño Branco viron que tiña razón. O que pensara que era unha columna soamente recorrera unha pata. O que pensara que era unha cobra andivera pola trompa. O que falara da lanza estivera nun colmillo. O do cantil andivera polo lombo. O que falaba do abano estivera ao lado dunha orella e o que falaba da corda atopara coa cola.
Agora todos vían que aquilo era un elefante.
MORALEXA:
Se soamente observas as partes
Dirás sempre tonterías.
Pero se chegas ao todo
Falarás con sabedoría.


Ningún comentario:

Publicar un comentario