Lara achéganos esta bonita historia de Wangari e os seus árbores da Paz.
Ademais de escoitar a Lara, podemos ler a historia.
Como complemento a este fantástico traballo de Lara podemos xogar e aprender no LIM feito por Belén Junquera de "Wangari e as árbores da Paz", que se atopa ao final do texto.
WANGARI
Wangari
vivía baixo as árbores, preto do monte Kenia en África. Polas
mañás escoitaba o canto dos paxaros no bosque cando vai coa súa
nai buscar leña para cociñar. Axudaba a cultivar batatas, cana de
azucre e millo nun chan fértil. Alí medrou Wangari.
Gústalle
moito estudar e gaña unha beca para ir a Estados Unidos.
Cando
regresa ao seu fogar en Kenia despois de seis anos atopa o seu mundo
cambiado. “Que
pasou?”-
pregúntase-. “Onde
están as árbores? Por que desapareceron?” Ler máis »
Wangari
ve que agora as mulleres da súa aldea teñen que ir encorvadas polo
peso da leña que teñen que ir buscar moi, moi lonxe da súa casa. A
terra xa non é fértil está arrasada e nada medra nela. E tampouco
escoita o canto dos paxaros. Onde están?
Milleiros
de árbores foron cortados para construír grandes edificios na
cidae, pero ninguén sementou árbores novas. Wangari pensa que o seu
fermoso país, Kenia, se pode converter nun deserto. E chora. E
pensa…
Podo
sementar árbores aquí, no meu propio patio, de un en un.
Comenza
con nove árboriñas.
Os
pequenos brotes botan raíces e Wangari anímase a seguir sementando.
Empeza a facer un sementeiro. Nun descampado Wangari sementa
ringleiras de pequeñas árbores.
Logo
convence ás mulleres das aldeas de que sementar árbores é unha
cousa boa e necesaria.
Dálles
unha árbore a cada unha.
-A
nosa vida será mellor cando teñamos árbores de novo. Xa veredes.
Sementemos semente de esperanza.
As
mulleres de moitas aldeas únense a Wangari e por todas partes
plantan longas ringleiras de árbores, que se estenden coma un
cinturón verde por todo o campo.
Os
funcionarios do goberno rinse delas.
-Mulleres
plantando árbores. Onde se viu? Non conseguiredes nada.
As
mulleres ignoran as burlas e continúan sementando. Wangari dálles
unha pequeña cantidade por cada pequeño brote que tres meses
despois de plantado continúa vivo. É a primeira vez que estas
mulleres gañan cartos na súa vida e coidan con esmero cada brote
novo levando auga dende lonxe para que as árbores poidan medrar.
O
verde vai regresando á aldea de Wangari e a outras partes de Kenia.
Todas as mulleres sementan longas ringleiras de árbores.
Pero
a tala continúa e Wangari decide que hai que defender as vellas
árbores que aínda quedan en pé. Defende a un vello carballo wque
queren cortar dicindo:
-Non
o fagades. Precisamos as árbores.
Como
non se move Wangari é golpeada e acaba no cárcere. Alí dentro
soamente pode pensar: O CORRECTO É O CORRECTO, AÍNDA QUE TE QUEDES
SOA.
Pero
Wangari non está soa. Por toda África se corre a voz da loita de
Wangari e milleiros de mulleres continúan o seu traballo. Consiguen
plantar trinta millóns de árbores onde non había ningún e pouco a
pouco o verde bosque de Kenia renace.
As
mulleres camiñan coas cabezas en alto. Agora teñen leña e solo
fértil cerca das súas casas. A terra xa non está seca e poden
volver a plantar batata, cana de azucre e millo.
O
mundo enteiro oe falar das árbores de Wangari e o seu exército de
mulleres sementadoras. Wangari recibe o Nobel da Paz en 2004 e dende
o cume do monte Kenia volve a verse o verde que fixo renacer Kenia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario