martes, 23 de abril de 2019

ESTRADA DE LIBROS

No marco da proposta conxunta das bibliotecas escolares da Estrada, tentamos dar forma a unha idea que nos resulta moi,moi atractiva.

Novamente da man de Mayte, a responsable da biblitoeca do IES Manuel García Barros, abordamos a posibilidade de convertir A Estrada nun espazo de libre intercambio de libros.

“LIBROS NA ESTRADA” é unha iniciativa enmarcada no BookCrossing (ou cruce de libros). Trátase dun movemento nacido nos Estados Unidos que se caracteriza por poñer en práctica a liberación de libros en espazos públicos para que outros o atopen, os lean e volvan liberalos. O obxectivo é transformar o mundo enteiro nunha biblioteca, no canto de manter os libros parados nas súas librerías, de xeito que o acceso á cultura, e especialmente á lectura, sexa verdadeiramente universal.

O colectivo formado polas Bibliotecas dos centros de ensino do Concello aposta claramente por unha iniciativa que parte de xestos individuais pero que axudan a crear colectividade. Cazar un libro ou liberalo é unha experiencia individual, persoal que repercute na nosa contorna.

Cremos que haberá que ser especialmente coidadosos cos lugares escollidos para a ubicación do mobiliario de xeito que cheguemos ao maior número de persoas potencialmente interesadas ao mesmo tempo que xeneremos novas incorporacións.

Falouse coa concelleira de Educación coa intención de establecer canles de colaboración. Amosou en todo momento moito interés e fomos quen de establecer accións:

- precisabamos un LOGO que representara a idea que estabamos a crear. A concelleira púxonos en contacto coa deseñadora gráfica local Rosa de Cabanas que elaborou o seguinte logo:




- Tendo en conta que precisariamos un MOBILIARIO axeitado, o concello tamén se comprometeu a executalo e facelo realidade. Para iso decideuse convocar un CONCURSO DE IDEAS DE MOBILIARIO que tamén funcionara como difusión do proxecto.


Acórdase facer un envío masivo de correos a centros de formación que puideran estar interesados neste idea: escolas de arquitectura, centros de FP, ... ; pero tamén se pensaba no público en xeral, calquera persoa era susceptible de participar e achegar a idea do mobiliario definitivo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario