O 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Unha data relevante no noso centro.
Tendo en conta que este ano é olímpico, achegarnos ao deporte para TOD@S é inevitable.
A DISCAPACIDADE NO DEPORTE.
Contactaremos con diferentes organizacións co fin de dar visibilidade ao papel das persoas con discapacidade no deporte entre o noso alumnado.
QUEN NOS VISITOU? ABECONSA BASKETMI
Entidade, sen ánimo de lucro, que fomenta a práctica deportiva entre persoas con discapacidade que, a día de hoxe, ten como eixe principal o baloncesto en cadeira de rodas.
Dende o centro agasallamos aos nosos convidados cos seguintes carteis:
MOITÍSIMAS GRAZAS POR ENSINARNOS TANTO E
PERMITIR QUE DESFRUTARAMOS CON VÓS
Ningún comentario:
Publicar un comentario