SEMANA DO LIBRO
Durante esta semana viviremos moi intensamente a creación e o disfrute de libros, contos, poemas e... maxia!!
Un ano máis, grazas á colaboración da nosa fantástica ANPA "Picariños", podemos disfrutar de actuacións especiais para todas e todos.
CONTACONTOS
O luns 24, ao longo da mañá Cris de Caldas volve de novo ao cole de Figueiroa para amosar a 3º e 4º, e a 5º e 6º de Primaria, a súa proposta sobre Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
MAXIA
Deseño de Rosa de Cabanas,
para a Fervenza de Ouzande
TEMOS UN LIBRO ENTRE MANS!!
ESCRIBIMOS DOUS CONTOS COLABORATIVOS.
De xeito colaborativo e acumulativo, imos
CREAR 2 CONTOS.
Partirán dende Infantil ata chegar a 6º e
formarán parte da nosa biblioteca.
Haberá un conto construido por todas as clases
A, e outro polos grupos B. Seguiremos o seguinte proceso:
- En 4º de Infantil (3 anos) deciden QUEN É @ protagonista
- En 5º de Infantil (4 anos) deciden ONDE PASA a acción
- En 6º de Infantil (5 anos) deciden QUE aparece de súpeto!
- A partir de aí, o conto subirá ao primeiro andar do colexio e seguirá ruta por todos os cursos, ata que ao final do corredor, por 5º e 6º decidan darlle fin.
En cada clase sodes libres de facer as
ilustracións que consideredes oportunas, tanto do texto que escribistes, coma
do que escribiron outros cursos anteriores.
Ao final, dende a Biblioteca darémoslle a
forma de libro que debe ter todo bó conto.
BICOS ATA O SOL!!
COMPARTINDO POEMAS DE XOSÉ LUNA.
Non podía ser doutro xeito, se xuntamos ESTRADA de ESTRADAS e semana do libro, o resultado que nos dá, desta volta, é Xosé Luna.
Durante esta semana, unha escolla de poemas de Xosé Luna estarán pendurados na entrada do colexio. Cada clase encargaráse de preparar un deses poemas para ir despois a lerllo a outros compañeiros.
Traballaremos poemas das súas obras:
Ningún comentario:
Publicar un comentario