En 3 anos todos os nenos e nenas se transformaron en flores.
Os de 4 anos ían de xardineiros todos guapos.
Aquí están os de 5 que están a estudar moitas cousas do
mel e disfrazáronse de abellas.
1ºA ían de acivros e 1ºB de couselos. Todos verdes e moi
lucidos.
Os de segundo ían
de druídas celtas, que foron os primeiros en empregar as plantas medicinais por
estas terras.
Os de 3ºA ían de macela e os de 3ºB de menta. ¡Que ben
nos fan estas plantas e que guapos estaban!
Os de 4ºA eran San Xoáns. Todos co seu capuchón vermello
representando a planta coa que traballan.
Os de 4ºB eran os boticarios que tan ben coñecen os
secretos das plantas medicinais.
Os de 5º ían de vendedores de flocos de millo, que é un
produto que nos gusta a todos. ¡E como pedíamos!
Os de 6ºA ían de follas, todos verdes e moi guapos.
Os de 6ºB ían de menciñeiros que estudaban e sabían de
todos os trucos para facer as súas apócemas.
Os profes eran o grupo encargado de manter as plagas á
raia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario