Conmemoramos o “Mes das Letras Galegas” realizando un roteiro internivel arredor da figura de Begoña Caamaño. Para isto, creamos cinco estacións de xogo distribuidas nos diferentes recunchos do noso Espazo CreaTIvo; estacións que foron xestionadas polo alumnado de 6º de EP.
Quince equipos tiveron que superar os diferentes retos para conseguir selar o seu pasaporte e obter unha peza dun quebracabezas da homenaxeada que, ao remate, quedou exposto nun mural na entrada ao noso centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario