NA TÚA CARTA AOS REIS, UN LIBRO TAMÉN
No CEIP de Figueiroa, cando chega o Nadal, é tradición
facer unha exposición coas seleccións de libros que fan as nosas librarías
locais. Ademais de contar coa súa valoración profesional, tentamos fomentar a
compra no comercio local.
Dende sempre a resposta das nosas libreiras e
libreiros foi moi positiva, pero nos últimos anos está a ser realmente
excepcional. No cole estamos abertos a todas as suxestións que nos fan chegar,
posto que se trata dun traballo colectivo entre librarías e colexio. Pero, como
xa hai confianza, atrevémonos a facer peticións, recomendacións que atinxen a:
- contar cun número importante de libros informativos. Sabemos que a literatura vai estar presente, pero o libro informativo precisa dun pulo, dunha axuda para ocupar o lugar que lle corresponde
- que a lingua galega sexa a maioritaria na exposición de libros, pois tamén a nosa lingua precisa de axuda
- e como un engadido, para "darnos un capricho", pedimos fondos relacionados coa temática do proxecto que estamos a traballar. Neste curso ocupámonos dos ALIMENTOS, no proxecto denominado "COMO! como?"
Para controlar o aforo da exposición, era necesario contar cunha
"entrada", que como non podía ser doutro xeito, era un utensilio de cociña.
Cada libraría conta cun espazo ben definido, onde
amosar a súa selección. Todo o Equipo de Biblioteca, xunto co voluntariado mimou e coidou a exposición.
Voluntarios sinalandos os lugares destinados á exposición, cos mandiles que estreamos este ano.
En cada unha destas mesas hai unha zona definida por un mantel negro, onde
se expoñen os libros relacionados cos alimentos. Á vista está que non escatimaron...
Libraría PINTALETRAS |
Libraría FARO |
Libraría DURÁN |
Libraría MARXE |
Libraría LOLIMAY |
Todas as librarías fixeron aportacións,
que de seguro van espertar moitos desexos de lectura (e de xantares!). O tema
do idioma é o que máis costa, pero o mercado e a oferta son os que son. Aínda
así, hai quen fai pedidos a propósito.
A exposición pode visitarse, por parte do alumnado
ben na hora de biblioteca que cada clase ten asignada, ben nos recreos, onde
será atendido polo grupo de voluntariado da biblio. As familias e o público en
xeral, poderá coñecer a exposición dende
o martes 10 de decembro ao martes 17, en horario de 16:00 a 18:00.
A esxposición estivo moi concurrida:
Ningún comentario:
Publicar un comentario