venres, 13 de decembro de 2019

VOLUNTARIADO DA BIBLIO.

O noso voluntariado constitúe o verdadeiro motor da Biblio de Carola. Son nenas e nenos de 5º e 6º que están dispostos a entregar o seu tempo libre para colaborar nos recreos e facer que todo sexa áis sinxelo e emocionante.

Todos agardamos que o voluntariado sexa un pouco "activista" e animen e dinamicen. Pero neste caso, máis alá de toda expectativa, houbo que "reformular" os criterios de pertenza ao voluntariado. Un grupo ben nutrido de 4º de primaria "irrumpiron" na biblio aludindo que tamén querían ser voluntari@s.

Bendita irrupción!!

En virtude do proxecto de Bibliotecas Escolares Solidarias, os voluntarios "oficiais" son os de 5º e 6º. Os voluntarios de 4º están de colaboradores de reforzo, nos recantos que máis o precisan ou que quedaron sen voluntario.

Así que agora o voluntariado está formado por alumnado de 3 niveis.








Incluso participaron no PLAN DE FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO.

Nos días de formación, sempre nos seus tempos libres dos recreos, coñecemos e traballamos sobre a organización do espazo,  a colocación dos fondos, a clasificación da CDU, actitudes para exercer o voluntariado, novas propostas...

Unha das súas suxestións foi que querían parecer voluntarios, algo que os identificara. Así foi como chegaron á biblio os mandís d@ voluntari@. Como non podía ser doutro xeito no curso en que traballamos o PDI COMO! como?

 
Así de fachendos@s posaba un grupo con seus mandís


Durante a formación tamén se dou a posibilidade de que cadaquen manifestara as súas preferencias sobre os recantos, aqueles onde o podían pasar mellor, ou podían facee mellores aportacións. Na seguinte táboa aparecen os recantos onde prefiren colaborar, e á dereita as tardes que teñen dispoñibles para formación, programación, mantemento da biblio... Vamos! un luxo de voluntariado





Para o curso 2029/2020 o voluntariado prestará o seu traballo ao longo das semanas que elixan. Así o manifestaron no CONTRATO asinado no mes de xaneiro. A continuación podemos ver o número d@s voluntari@s que corresponden a cada semana de cada mes.


A tarefa de cada voluntari@ é moi importante e cada recanto. Durante unha semana, son os responsables de que ese recanto funcione e conte con todo o necesario. Para iso deberán entregar anteriormente a ficha correspondente ao recanto asignado.

Caixas correspondentes a 6 dos recantos que hai no espazo creaTIvo.
Cada unha das FICHAS que aparece nas caixas recolle:
  • NOME da actividade proposta
  • MATERIAIS necesarios
  • PROCESO de elaboración
  • EXEMPLO GRÁFICO, ben en forma de debuxo, foto ou o obxecto real rematado








Ningún comentario:

Publicar un comentario