CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

venres, 1 de maio de 2015

DÍA DO LIBRO NO NOSO CENTRO

No día do libro a nosa fantástica viaxe tíñase que ver reflectida nas lendas e contos doutras culturas que os nosos nenos e nenas prepararon para lerlles a todos.
Houbo que facer dúas funcións para dar cabida a un auditorio desexoso de escoitar.



INDIA. O grupo de 4º A de primaria contou, de xeito colectivo e con escenificacións o conto “A maxia das cousas”. Os compañeiros de 4º B, fixéronno co conto “O mundo medra”. As dúas historias remataron con bailes hindús e os traxes que levaban contribuían a facer un fantástico espectáculo.


  • EXIPTO. Os dous grupos de 6º de educación infantil contaron, entre todos, a “Historia de Osiris” . Puidemos incluso comprobar como se reunían os 14 anacos en que foi partido Osiris para volver como rei dos mortos
  • CANADÁ. 3º B de primaria explicounos cun conto moi ameno, “Por que os búfalos teñen xiba”


  • AUSTRALIA. Grazas a 5º B de primaria soubemos porque en Australia se fixan tanto nas rás para saber do tempo que vai ir. O conto “A ra Tiddalik” chegou a nós mediante a técnica do kamisibai .                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                No segundo pase, para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, a viaxe foi tal que así:

  • CHINA. Fixeron un bis do seu conto “O regalo que non se ve “ e pagou a pena volver valorar esas pequenas cousas inmateriais que nada custan e moito aportan como son os bicos, as apertas,...; o amor.
  • BRASIL. Que lenda tan fermosa contaron os nenos e nenas de 3º A para explicar “A historia da mandioca”
  • CANADÁ. Repetiron e melloraron, se cabe, a súa explicación de “Por que os búfalos teñen xiba”

  • INDIA. Nesta ocasión 4º B contou o conto “O mundo medra” e 4º A agasallounos de novo co baile hindú
  • CUBA. “El color de los pájaros” foi o conto escollido por 5º A como máis representativo do seu país caribeño.

  • AUSTRALIA. De novo 5º B trouxo ata nós historias tan lonxanas... A presencia dun canguro impoñente no escenario captou a nosa atención de contado.
  • ISRAEL. “O sabio, o forte e o bó” foi o conto dramatizado, con que nos agasallou 6º A.
  • PALESTINA. O grupo de 6º B convenceunos que hai que crer e perseguir os propios soños co súa historia “A ponte de Xerusalén”

  • O día de hoxe rematou cun baile de sobra coñecido por todas e todos que a pouco non somos quen de valeirar o salón e voltar ás aulas. Está claro que nos gusta a festa!
  • Ningún comentario:

    Publicar un comentario