venres, 7 de xuño de 2024
mércores, 5 de xuño de 2024
EMOCIÓNS no NOSO deporte
Quixemos saber que se sinte no deporte de élite. E tendo figuras tan destacadas na nosa contorna, acudimos a elas e elas respostaron.
Aquí quedan as montaxes gráficas que se fixeron coas súas respostas. Algunha respostou con audios e creáronse podcast aos que se pode acceder cun QR, outras enviaron as respostas xa elaboradas nun texto coidadísimo e houbo ata quen enviou as respostas manuscritas. Un luxo de actividade que da para pensar e repensar moitas cousas.
![]() |
Joel, exalumno do noso centro. Visitou á clase de 3º A, a do seu irmán para falar moito e ben |
![]() |
Que sabias palabras nos di Carmen, verdades boas e grandes. |
![]() |
A olímpica Julia Vaquero enviou un cuestionario "manuscrito" que respectamos e reflectimos en imaxes |
![]() |
A nosa profe de 1º C, tan preto e tan boa!! |
![]() |
Plusmarquista de entrega de cuestionario, moitas grazas |
![]() |
Dori visitou a clase de 3º A, onde conta cunha familiar |
![]() |
Manu forma parte da Selección Galega e leva o nome da Estrada por todo o estado |
![]() |
Flamante campión ciclista e pai de alumn@s do noso cole |
![]() |
Moito aprendemos con Ángel!! |
XOGANDO...
Ao longo deste curso no que, por mor da temática do noso PDI, os Xogos Olímpicos, dedicamos tanto tempo e esforzo a investigar sobre o deporte e os seus beneficios para a nosa saúde, o noso alumnado de EP participou en diferentes xornadas deportivas compartidas con outros centros educativos da zona. Como novidade este ano, na meirande parte destas o alumnado portou un dorsal específico deseñado no propio centro cos novos recursos do noso Espazo CreaTIvo.
martes, 4 de xuño de 2024
VISITA de Dori Carbia, culturista
Na clase de 3º A de primaria recibiron a visita de Dori Carbia, a campiona de culturismo que ademais é ESTRADENSE!!
![]() |
A nosa Olivia presumindo de tía!! |
Despois desta visita, Dori participou no traballo que fixemos sobre as EMOCIÓNS. Aquí quedan as respostas que nos dou Dori sobre que sinte e como sinte na súa actividade:
luns, 3 de xuño de 2024
martes, 28 de maio de 2024
AXENTES ANTILIXO!!!
Moito tempos que agradecer a este equipazo de traballo. As nenas e nenos de 3º de primaria fixeron moitas cousiñas boas por nós.
Pero ollo!! o ideal sería que quedaran sen traballo.
Así que agora que xa sabemos como ten que estar o PATIO e as INSTALACIÓNS do cole, de nós depende que se manteña.
martes, 21 de maio de 2024
LETRAS GALEGAS 2024
CORRELINGUA 2024
Un ano máis, temos moito que celebrar no CORRELINGUA. E, sobre todo, moito que reivindicar.
As persoas que convivimos no CEIP de Figueiroa, acudimos a esta carreira pola defensa do noso idioma. Só quedou no cole o alumnado e profesorado de Infantil e algunha que outra clase con citas previas e ineludibles.
A continuación, a modo de representación, nenas e nenos de 3º de primaria, participan no Correlingua deste ano.
![]() |