martes, 16 de xaneiro de 2024

UNHA MULLER NUN DEPORTE DE HOMES?

Hoxe, 16 de xaneiro do 2024, recibimos a visita de Uxía Rodríguez Nebra, veciña da Estrada e exalumna do noso centro, para falarlle ao alumnado do 3º ciclo EP da súa experiencia como mecánica en prácticas do Mundial de Moto3 na tempada pasada.

Que bonito ver como a figura da muller colle forza en ámbitos que ata hai ben pouco parecían inacadables! Xa é hora de que se entenda que o deporte NON é cuestión de xénero!


























mércores, 10 de xaneiro de 2024

Novo recanto do VOLUNTARIADO: creando para tod@s

O noso voluntariado é imparable. Cando organizan os obradoiros sempre procuran que permitan finalizar produtos que levar para uso persoal.

Este ano acordamos facer para outr@s. A proposta saeu do Equipo de Biblio e o voluntariado respondeu, como xa nos ten acostumadas.

Dende as clases de Infantil e PT, sobre todo, chegaron as demandas de recursos específicos que precisaban. 

O resultado? a continuación queda unha mostra:


Isto xa é un non parar.