venres, 26 de abril de 2024

XOGOS TRADICIONAIS no patio


 Como estaba previsto, realizáronse sesións de xogos tradicionais no patio do cole.

Nas seguintes fotos podemos ver xogando ao alumnado de 3º A de primaria:



  


  


  

Tamén xogaron con xoguetes tradicionais, coma os carozos ou "ás casiñas"

  


  

  

E cando o tempo nonacompaña, sempre está o pavillón:









martes, 23 de abril de 2024

CELEBRANDO O LIBRO: día, semana, mes...

 Para celebrar o mes do libro no noso proxecto figuraban varias propostas, pero ningunha tan prometedora como esta actividade feita polo alumnado de 3º de primaria:


LECTURA NO PATIO


Contar co patio como un espazo da Biblio de Carola é unha ansia case tan vella como a propia Biblio. Estas nenas e nenos de 3º fixeron o que tanto anhelabamos e por que non? ao mellor abriron unha porta pola que poderemos pasar todas en breve.









Moitas grazas compañeir@s!

xoves, 11 de abril de 2024

O voluntariado e os club de lectura tamén celebran!

 Non vai ser todo traballo...

Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer a adicación das persoas que forman parte do VOLUNTARIADO da biblio e/ou dos diferentes CLUBs DE LECTURA

Por esa razón despedimos o 2º trimestre cunha chocolatada na biblio.