A todas as actividades desenvolvidas encamiñadas a sementar no noso alumnado ad bases para unha vida máis saudable, houbo que engadirlle unha novidade este curso: a reunión de acollida ás familias do alumnado que o vindeiro ano académico 24/25 serán escolarizados en 4º de Educación Infantil no noso centro contou coa visita dunha das pediatras e a hixienista dental do Centro de Saúde do noso Concello para falar, entro outros temas, da importancia de coidar a nosa alimentación en prol duns hábitos de vida saudables.
luns, 24 de xuño de 2024
xoves, 20 de xuño de 2024
DESEÑO E IMPRESIÓN 3D
A aula de Audiovisuais do Espazo CreaTIvo da nosa Biblio de Carola foi o lugar de encontro do obradoiro de Deseño e Impresión 3D realizado polo alumnado de 5º de EP. Mostra desta experiencia, na que todos e cada un dos participantes tiveron a oportunidade de deseñar a súa propia medalla olímpica mediante o emprego do programa Tinkercad, foi recollida nun dos artigos incluidos na Revista Candeas.
mércores, 19 de xuño de 2024
Os RÉCORDS da Biblio de Carola
Mara de 3º A foi a persoa máis lectora deste curso!! Queremos, dende a Biblio, ampliar as felicitacións a Estela, a titora de Mara, porque todos eses préstamos foron realizados pola profe.
Parabéns por esta aula e esta profe tan autónomas na xestión bibliotecaria!!
A nosa profe Carmen resultou ser a autora do libro máis prestado deste curso. Daquelo de que ninguén é profeta na súa terra, nada de nada.
Cando Carmen publicou o seu libro, dende a Biblio fixemos a nosa pequena homenaxe con este cartel:
Grazas Carmen polo teu traballo e PARABÉNS pola boa acollida.
MARA, deporte e lectura
Mara González Bravo, alumna de 3º A, é todo un exemplo!
No mundo deportivo non deixa de colleitar éxitos:
luns, 17 de xuño de 2024
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Despois de todo un curso celebrando "FIGUEIROLIMPÍADAS", aquí quedan as recomendacións lectoras para o verán dos Xogos Olímpicos de París.
CITIUS, ALTIUS, FORTIUS!!
FELIZ
VERÁN
OLÍMPICO!!!!
DICIONARIOS TEMÁTICOS
Case a totalidade das clases realizaron a proposta do PDI de facer un dicionario temático de FIGUEIROLIMPÍADAS.
Para poder ver todos os dicionarios, hai que premer na seguinte portada:
sábado, 15 de xuño de 2024
SUPERHEROÍNAS DE CÓMIC
Atendendo á temática promovida este curso dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, o CÓMIC, cada titoría investigou sobre unha Superheroína de Cómic e plasmou os seus resultados nun mural colectivo que se expuxo na entrada do noso cole.
Iniciativas deste tipo, que invitan á reflexión sobre os estereotipos de xénero e as actitudes machistas, resultan fundamentais para axudar a promover a igualdade de xénero e a combatir os prexuízos de xénero entre o noso alumnado.
mércores, 12 de xuño de 2024
ANDAINA, ROTEIRO... o caso é moverse
Estas nenas e nenos de 3º son incríbles!! Non pararon de facer, e facer, e facer.
Despois de todo un curso sendo pioneir@s de moitas iniciativas do cole; puxeron o broche de ouro facendo unha ruta pola contorna do noso cole.
Nada mellor que facer algo tan sanote, aproveitando os recursos que temos máis a man.
luns, 10 de xuño de 2024
INTERXENERACIONAL: Trivial Olímpico
Este ano quixemos contar coa colaboración especial das familias na creación dun TRIVIAL. Dado o PDI que se está a traballar, creáronse 6 categorías acordes coa nosa temática:
HISTORIA
XEOGRAFÍA
CIENCIAS
DEPORTISTAS
ARTE
ESPECTÁCULOS
Enviouse a casa a nota xa preparada para recoller as aportacións:
![]() |
Hai un erro, atopáchelo? |
sábado, 8 de xuño de 2024
venres, 7 de xuño de 2024
mércores, 5 de xuño de 2024
EMOCIÓNS no NOSO deporte
Quixemos saber que se sinte no deporte de élite. E tendo figuras tan destacadas na nosa contorna, acudimos a elas e elas respostaron.
Aquí quedan as montaxes gráficas que se fixeron coas súas respostas. Algunha respostou con audios e creáronse podcast aos que se pode acceder cun QR, outras enviaron as respostas xa elaboradas nun texto coidadísimo e houbo ata quen enviou as respostas manuscritas. Un luxo de actividade que da para pensar e repensar moitas cousas.
![]() |
Joel, exalumno do noso centro. Visitou á clase de 3º A, a do seu irmán para falar moito e ben |
![]() |
Que sabias palabras nos di Carmen, verdades boas e grandes. |
![]() |
A olímpica Julia Vaquero enviou un cuestionario "manuscrito" que respectamos e reflectimos en imaxes |
![]() |
A nosa profe de 1º C, tan preto e tan boa!! |
![]() |
Plusmarquista de entrega de cuestionario, moitas grazas |
![]() |
Dori visitou a clase de 3º A, onde conta cunha familiar |
![]() |
Manu forma parte da Selección Galega e leva o nome da Estrada por todo o estado |
![]() |
Flamante campión ciclista e pai de alumn@s do noso cole |
![]() |
Moito aprendemos con Ángel!! |
XOGANDO...
Ao longo deste curso no que, por mor da temática do noso PDI, os Xogos Olímpicos, dedicamos tanto tempo e esforzo a investigar sobre o deporte e os seus beneficios para a nosa saúde, o noso alumnado de EP participou en diferentes xornadas deportivas compartidas con outros centros educativos da zona. Como novidade este ano, na meirande parte destas o alumnado portou un dorsal específico deseñado no propio centro cos novos recursos do noso Espazo CreaTIvo.