mércores, 30 de abril de 2025

INTELIXENCIA EMOCIONAL E ARTIFICIAL ÚNENSE PARA DAR LUGAR A ALGO ÚNICO

A ardua tarefa de atopar música que puidésemos empregar como fondo musical dos hologramas creados para a actividade iniciada con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, levounos a recorrer á intelixencia artificial, concretamente a Suno.com, unha plataforma en liña que emprega a IA para xerar cancións, para acadar o noso obxectivo.
Deste modo, a partir da adaptación dos poemas “I am add” (Son raro), de Benjamin Giroux, e “Empatía” (Grito Autista), escrito por Julieta Ax, xurdiu unha canción, á que titulamos "Son raro, son novo", que foi empregada  nos vídeos dos cursos de 1º e 2º de Educación Primaria.

 
Mais... por que non poñer ritmo e melodía aos sentimentos e percepcións dalgún dos nosos alumnos? Dunha intensa charla cun deles, Quique, de 3º de Educación Primaria, naceu a letra da que, sen lugar a dúbidas, se convertiu na banda sonora da actividade, empregándose nunha alta porcentaxe dos hologramas creados... Algo do que sentirse orgulloso!

Quique, 3º de EP

Letra e QR da canción creada polo alumno
(pincha sobre a imaxe para vela ao detalle).



BAILAMOS XUNTOS, CON DIFERENTES RITMOS

O pasado 2 de abril celebrouse, como cada ano, o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e desde o noso centro quixemos unirnos á campaña promovida por Autismo España, "Somos infinitos". Dita campaña tiña como obxectivo principal concienciar á cidadanía da variabilidade do espectro do autismo, defendendo que cada persoa autista é única, ten as súas propias necesidades, capacidades e intereses e, por isto, precisa apoios especializados e individualizados, adaptados á súa situación e á etapa vital na que se atope.

Baixo o lema "Bailamos xuntos, con diferentes ritmos", estreitamente relacionado coa temática do noso PDI deste curso, "Escola de Baile", desenvolveuse unha bonita actividade da que se fixo partícipe á totalidade do alumnado do centro, desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Primaria.
Tras acercalos a algunhas das características que adoitan acompañar ao TEA (Trastorno do Espectro Autista), así como á diversidade e amplitude do espectro por medio de diferentes iniciativas (dinámicas realizadas nas titorías, proxección de curtas sobre esta temática durante os períodos de recreo no salón de actos...), entregouse a cada titor/titora a infografía incluída a continuación, na que se refería o procedemento a seguir (pincha sobre ela para vela ao detalle).


O colofón da actividade consistiu en elaborar con todas e cada unha das pezas (tanto as que inclúen o "autopictograma bailongo" como as dos códigos QR que enlazan aos diferentes vídeos) tres vistosos quebracabezas (un para Educación Infantil; outro para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e un máis para 4º, 5º e 6º de Primaria) que foron colocados nun lugar privilexiado do centro que aínda estaba por explorar: o "hall" exterior do cole.
Tres coloridos murais, cargados de simboloxía, que constitúen unha fermosa maneira de dar a benvida ao noso centro, verdade?


O inicio do visionado dos diferentes hologramas fíxose coincidir, ademais, coa celebración do Día da Danza a cal, por mor do apagón xeral, tivo que ser adiada do 29 ao 30 de abril.





A través da imaxe incluída a continuación (ben pinchando sobre ela, ben a través da lectura do código QR) podedes acceder á lista de reprodución da actividade no noso canle de youtube.


Incluímos o enlace a unha plantilla de holograma por se vos animades a facelo na casa e así poder desfrutar dos vídeos en todo o seu esplendor. Con acetato, tesoiras e pouco máis, xa estaría.

luns, 28 de abril de 2025

ABRIL, MES DO LIBRO: as partes dun libro

 Na clase de 1º A de primaria traballaron as partes do libro e así nolo contan...



ABRIL, MES DO LIBRO: Boas lecturas...

Premendo na seguinte imaxe podemos ver o vídeo feito cos traballos de 1º B de primaria 



venres, 25 de abril de 2025

ABRIL, MES DO LIBRO: lecturas que enchen o patio

 Alumnado das clases de 4º de primaria aproveitan o bo tempo para achegarse ao patio e ler á sombra dos castiñeiros, ou a pleno sol sentado na herba. Transmiten boas sensacións, parece que lles presta e dan un chisquiño de envexa moi sana.











 

ABRIL, MES DO LIBRO:lecturas compartidas

 Nenas e nenos de 4º A de primaria foron ata as clases de Infantil para contarlle os contos que estiveron preparando, con motivo da celebración do MES DO LIBRO.

Para que vexades que atención prestaba o público de 4º A de Infantil, deixamos estas imaxes do evento






mércores, 23 de abril de 2025

ABRIL, MES DO LIBRO: creación literaria

 Na clase de 4º A de primaria adicáronse á creación de minicontos e compartiron con nós fotos do proceso e do resultado:





  


venres, 11 de abril de 2025

Aprendemos a facer BOOKTRAILER (recomendación lectora)

 

Dende 5º B de primaria chegan autentic@s booktubers para amosarnos como facer a nosa recomendación lectora e participar no concurso convocado dende a Biblio de Carola.

venres, 4 de abril de 2025

VISITA: María Canosa

 Cando se traballou en 4º de primaria con "Escola de bruxas" contar co apresencia de María Canosa era inevitable e moi apetecible.



Despois sesión fantástica, moitas quixeron a sinatura de María nos seus libros.





María atendeu na Biblio de Carola a un feixe de preguntas que foron gravadas en directo e deron nada menos que para 3 podcast que se poden escoitar no programa Entrevistas da canle de Ivoox de Radio Carola.