venres, 25 de abril de 2014

BARAFUNDA TEATRO

Contamos de novo coa colaboración da ANPA "Picariños" para celebrar o "Día do Libro". O xoves 24 de abril todos os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria disfrutamos de BARAFUNDA ANIMACIÓN coa obra "Pepiña, Maruxiña quere voar". 
É un auténtico pracer recibir a estes dous amigos de Barafunda, que nos enchen o salón de fantasía, maxia e moita música de calidade. Sen decatarnos todos formamos parte do seu espectáculo e acabamos por ser elementos imprescindibles. Outra vez, fumos quen de axudar á protagonista do conto a acadar un final feliz.

Pepiña... voou e colorín, colorou, este conto rematou
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

mércores, 23 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Aquí tedes un enlace a moitos recursos interesantes

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SR. LESSMORE

DÍA DO LIBRO

RAZÓNS PARA LER

 E aquí tedes unha morea de razóns para achegarvos a un libro

xoves, 10 de abril de 2014

LER PARA MEDRAR

Un ano máis, en abril, no mes do libro contamos coa colaboración da ANPA. Nesta ocasións os grupos afortunados foron os nenos e nenas de 3º e 4º que puideron ver en acción a un ilustrador "de verdade": Jacobo Fernández.
 

 





martes, 11 de marzo de 2014

¡QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!

¡QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO! Deixamos aquí as fotos do Entroido. Como vedes todos os grupos se disfrazaron dacordo co noso proxecto sobre plantas medicinais A BOTICA DE CAROLA:

  En 3 anos todos os nenos e nenas se transformaron en flores.

  Os de 4 anos ían de xardineiros todos guapos.



Aquí están os de 5 que están a estudar moitas cousas do mel e disfrazáronse  de abellas.



 1ºA ían de acivros e 1ºB de couselos. Todos verdes e moi lucidos.



Os de segundo  ían de druídas celtas, que foron os primeiros en empregar as plantas medicinais por estas terras.



Os de 3ºA ían de macela e os de 3ºB de menta. ¡Que ben nos fan estas plantas e que guapos estaban!



Os de 4ºA eran San Xoáns. Todos co seu capuchón vermello representando a planta coa que traballan.


Os de 4ºB eran os boticarios que tan ben coñecen os secretos das plantas medicinais.


Os de 5º ían de vendedores de flocos de millo, que é un produto que nos gusta a todos. ¡E como pedíamos!




Os de 6ºA ían de follas, todos verdes e moi guapos.


Os de 6ºB ían de menciñeiros que estudaban e sabían de todos os trucos para facer as súas apócemas.



Os profes eran o grupo encargado de manter as plagas á raia.






luns, 3 de febreiro de 2014

IES LOSADA DIÉGUEZ

Aínda que un pouco tarde, queremos dende esta xanela dar as grazas aos nosos compañeiros do IES Losada Diéguez por encher de ledicia o noso centro coas súas actuacións e lecturas. É para nós un gran acontecemento como se pode ver nas caras dos nosos alumnos. MOITAS GRAZAS! Todas as obras do grupo AVELAÍÑAS nos gustaron moito e descubrir- detrás deses actores- aqueles pequenos nenos e nenas que un día estiveron aquí. Os RETELLADORES DO GALIÑEIRO leron para o segundo ciclo contos de África, que é o tema que estaban a tratar no instituto. Agardamos que volvades o ano que vén.





















martes, 28 de xaneiro de 2014

mércores, 18 de decembro de 2013

"ANTÓN E O APALPADOR"

 Gracias a iniciativa da AMPA puidemos disfrutar de
  BARAFUNDA TEATRO contándonos
  " ANTÓN E O APALPALPADOR "
  aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasaron.










martes, 17 de decembro de 2013

GUIA LECTURAS NADAL

UN ANO MÁIS AQUÍ DEIXAMOS UNHA GUÍA DE POSIBLES LECTURAS COAS QUE DISFRUTAR. Está feita de xeito colaborativo cos centros CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP de O Foxo e CEIP Nosa Sra. das Dores de Forcarei. E non esquezades que sempre hai un libro agardando por vós. Bo Nadal.