venres, 28 de marzo de 2025

2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO


Este curso imos prestar especial atención á 

CONMEMORACIÓN DO

DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO


Imos máis alá do 2 de abril e adicaremos toda a semana a esta celebración. 

Aquí quedan algunhas das propostas que se van realizar:


- Presentación dixital sobre o AUTISMO. Hai que coñecelo para comprendelo.

- Infografía coas instrucións do traballo a realizar de xeito colectivo por todo o cole.

- PUZZLE COLECTIVO para expoñer nun lugar ben visible do cole.

- CICLO DE CURTAS nos recreos.

- Recomendacións LECTORAS sobre a temática do autismo.

mércores, 26 de marzo de 2025

EXPURGO na Biblio

 O Equipo de Biblio fixo un traballo enorme nun tempo récord para recuperar o tan necesario espazo nos andeis.

A gran novidade deste expurgo foi que non todo os fondos foron donados ou eliminados. A maior parte deles, case todos exemplares repetidos, foron reubicados. Deste xeito o Equipo analizou e valorou a idade idónea para cada un dos exemplares retirados dos andeis e foron adxudicados a un nivel concreto de infantil ou primaria. Son libros que seguen a formar parte dos fondos da Biblio pero que estarán permanentemente ubicados en cada unha das clases asignadas. O préstamo pode seguir a facerse dende as aulas, posto que KOHA permite esa atención descentralizada, e non poden volver á Biblitoeca. Para evitar este posible retorno, creamos unha NOVA ETIQUETA que está presente en cada un dos exemplares


Esta etiqueta, onde se pode ler claramente o nivel a que está dirixido o exemplar sobre un fondo que di "Biblio de Carola  -  Dotación de Aula" está colocada na portada á dereita do tejuelo.

Agora temos biblios de aula con máis e mellor dotación..


Dende o Equipo de Biblio queremos agradecer á profe Bego o gran traballo que fixo neste expurgo e que acelerou todo o proceso, conseguindo interrumpir o menos posible na vida cotiá da nosa Biblio.

xoves, 13 de marzo de 2025

VISITA: Contacontos

 

  

A Editorial Anaya agasallou ao alumnado de 2º de primaria cunha sesión de contacontos sobre a obra de María Oruña "O tren fantasma".

  



venres, 28 de febreiro de 2025

ANO CASTELAO: un agasallo do Xeneraliño

 Celebrar o ANO CASTELAO merece toda a nosa atención e respecto. 

Na entrada do cole quedaou ben patente a nosa intención. A gran parede de cortiza servíu para amosar unha gran caricatura de Castelao.


No entroido, aproveitamos os MANDADOS DO XENERALIÑO para facer unha pequena investigación en colaboración coas familias.

Preparadas as notas para as familias

Os mandados deste ano foron moi ilustrativos


Axiña tivemos o mural da entrada a tope de aportacións das familias sobre:
- os FOGARES
-os PROFESIÓNS
- a OBRA
- a SABEDORÍA
de Castelao

 

 

Carola está moi emocionada pola participación

Froito deste traballo, alumnado de Infantil recolleu os seus datos nun artículo para o Faro da Escola.




Como Castelao foi viciño noso, da Estrada, quixemos adicarlle un espazo para todas as aportacións que nos vaian chegando desa etapa da súa vida.



Son moitas as producións estradenses de Castelao, tal e como se pode comprobar na páxina da A.C.Vagalumes. Mostra dese traballo, aquí deixamos a súa versión da Torre de Guimarei



O Xeneraliño foi quen de encher o noso cole de Castelao







Grazas, amigo Daniel!








DÍA DE ROSALÍA: ilustración colectiva

 Un ano máis o EDLG do noso cole fomenta unha acción colectiva para homenaxear á nosa poeta.

No ano en que adicamos o PDI ao baile, a música, instrumentos e festa non faltan nas palabras de Rosalía. Unha vez que cada clase fixo a súa aportación, o Equipo de Biblio deulle forma de vídeo para compartir co mundo. 


HAS DE CANTAR....




martes, 25 de febreiro de 2025

Día de Rosalía. Febreiro 2025

 As nenas e nenos de 5º B de Infantil fan a súa particular homenaxe, poñendo guapísima a Rosalía



venres, 31 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ: 3º celebra con e para nós

 As calses de 3º prepararon poesía e cancións que ofreceron a nenas e nenos doutros cursos.

Foi na Biblioteca e foron quen de acadar un clima pacífico e moi, moi alegre.













xoves, 30 de xaneiro de 2025

OBRADOIRO DE FORMACIÓN para 4º de primaria

 De novo recibimos no cole a Almu e Elena para aprender máis sobre ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN.

Como ven sendo costume a actividade está dirixida ao alumnado de 4º, por dúas razóns: pala súa idade e pollos 2 anos que aínda van pasar no cole e así poder compartir as súas aprendizaxes con outros grupos.

Facer os agrupamentos foi moi interesante, porque as 3 clases de 4º convertéronse en dous grupos. Así que en cada clase había alumnado que ía participar nos 2 obradoiros.

O seguinte paso neste proceso de aprendizaxe será compartir cos compañeiros de clase o que aprenderon na súa quenda con Almu e Elena.


Na 1ª quenda alumnado das 3 aulas traballaron programando os robots.


Na 2ª quenda traballaron con Scratch.





Almu e Elena que eran coñecedoras da nosa proposta para o mes do libro ESCRATCHEANDO CO TEATRO, preparaon uns materiais moi útiles para traballar de xeito autónomo con Scratch e crear situacións teatrais.





Sempre é un pracer traballar con estas dúas MESTRAS, e unha vez máis as sesións foron ben produtivas.

Moitas grazas Almu e Elena.

mércores, 29 de xaneiro de 2025

LECTURAS COMPARTIDAS nos recreo

 Outra novidade do traballo do voluntariado neste curso 24/25 son as LECTURAS COMPARTIDAS.

Pero como son tantas as novidades do voluntariado e os espazos son os que son, cando coinciden varias actividades hai que buscar solucións.

Por esa razón esta semana Alexia, voluntaria de 5º B de primaria, foi ata o patio de Infantil para compartir un conto coas nenas e nenos.

O que parecía unha adversidade, ter o Salón ocupado polo TORNEO DE BAILE, fixo que descubríramos o patio como un lugar fantástico para ler, e ao alumnado de Infantil co,o un público moi entregado.


Semellan unha burbulla no gran patio de Infantil

Alexia, na compaña de Xiomara entregouse co seu conto

Libremente, estas nenas e nenos escolleron deixar de xogar para escoitar a Alexia.


sábado, 25 de xaneiro de 2025

xoves, 16 de xaneiro de 2025

Na biblio durante un recreo de xaneiro...

 HUGO DE LA HAZA (5º B de primaria). Voluntario de Blog


Na semana 14 do curso 24/25, que se desenvolve dende o 13 ao 17 de xaneiro, no meu traballo como voluntario da Biblio de Carola me encargo de escribir para o blog.

A miña aportación vai amosar algunha das actividades que se fan durante o recreo:

Fabricando PULSEIRAS

Unha nena xoga con figuras IMANTADAS

Hai dous nenos divertíndose con GRAVITRAX

O grupo de xardinaría plantando sementes. Como vai mal tempo non poden ir ao xardín.

Unha nena buscando información sobre EXPERIMENTOS, porque vai traballar diso como voluntaria

Un neno xogando coas TUBERÍAS,